Luís Villares presenta as propostas de En Marea para a Costa da Morte fronte á morea de promesas incumpridas do PP

29/08/2016

O candidato á presidencia da Xunta de Galicia de En Marea, Luís Villares, mantivo un encontro aberto coas Mareas da Costa da Morte para presentar o proxecto de En Marea “solvente e alternativa ilusionante para este país fronte un Partido Popular que hoxe presentou un panfleto baixo o nome Galicia, Galicia, Galicia, que recorda máis que outra cousa ao Plan Galicia que é  una morea de promesas incumpridas”. Para mostra dos incumprimentos do PP o parador da Costa da Morte que segue sen rematar, ou a autovía Carballo-Cee tamén sen rematar. “Nós como En Marea presentamos unha serie de propostas solventes en clave de país para artellar o territorial e sectorialmente o conxunto da poboación que vive na Costa da Morte” defendeu Villares.

Luis Villares durante a celebración do acto en Vimianzo / En Marea

Entre as propostas de En Marea para a Costa da Morte, o candidato á presidencia destacou o remate do remate da autovía Carballo-Cee e a súa conexión co porto de Brens de carácter estratéxico para esta comarca; o saneamento integral da ría de Corcubión; establecer un plan de incentivos para o establecemento no parque industrial de Cee e Vimianzo; ou a declaración do Monte Pindo como parque natural e a súa inmediata reforestación.

En materia de política social a reapertura do centro de día de Carnota e posta en marcha do de Corcubión, así como o establecemento da escola infantil en Dumbría.

No ámbito sanitario reforzar os servizos do centro comarcal Virxe da Xunqueira, especialmente en cardioloxía.

Por último, a nivel turístico Luís Villares sinalou a construción do parque do megalitismo en Vimianzo e a posta en marcha do plan director de turismo do cabo Fisterra.

Añadir nuevo comentario

Comentarios

Plain text

  • No se permiten etiquetas HTML.
  • Las direcciones de las páginas web y las de correo se convierten en enlaces automáticamente.
  • Saltos automáticos de líneas y de párrafos.
Al enviar este formulario, usted acepta la política de privacidad de Mollom .