Non ao TTIP Galiza •  Galicia •  27/09/2016

Nin TTIP, Nin CETA: Outono en Resistencia!

Nin TTIP, Nin CETA: Outono en Resistencia!

Entre os meses de setembro e novembro diversos países do mundo
activaranse realizando mobilizacións e accións de xeito continuado e
coordinado contra os Tratados de Libre Comercio . Concretamente no estado
español a semana de mobilización terá lugar do 8 ao 15 de outubro no marco da
campaña Non ao TTIP . A mobilización centrarase en visibilizar e dar resposta a 15ª
ronda de negociación sobre o TTIP que terá lugar en outubro e, sobre todo, en facer
fronte ao proceso de aprobación do CETA, que en caso de ir adiante converteríase
nunha porta traseira dende onde se activaría tamén o TTIP.
O CETA e o TTIP conteñen mecanismos como o ICS (Sistema Xudicial de
Investimentos) un tribunal privado, onde as empresas poderán denunciar aos
estados (incluso no caso de que unha lei lles reste beneficios), ao tempo que abren
a porta a diversas prácticas contra a saúde ou o medio ambiente como son o
fracking ou a eliminación do “principio de precaución”.
O CETA está actualmente en proceso de aprobación , e terá a finais de 2016
o seu paso clave que será a votación no Parlamento Europeo. Por esta cuestión e
pola realización da 15ª Rolda de negociacións do TTIP, e procesos similares
doutros TLC como pode ser o TPP ou o TISA, milleiros de colectivos de todo o
planeta mobilizarémonos os TLC e as súas consecuencias en centenas de
localidades ao longo deste outono. Dende a campaña de Non ao TTIP Galiza
queremos facer un chamamento a todas as persoas e organizacións da sociedade
civil para participar na semana de resistencia contra os Tratados de Libre Comercio
e Inversión, para visibilizar os milleiros de voces que dende a diversidade esiximos a
suspensión do CETA, o TTIP, así como de todos os tratados que ameacen ao
planeta e os dereitos humanos. O 15 de Outubro Galiza formará parte do”Outono
en Resistencia!”, dicindo ben claro que non quere Nin CETA Nin TTIP.


CETA /  Galicia /  TTIP /