Ernesto Ilkermn - Roberto Solano •  Galicia •  22/12/2016

Manifestación para denunciar que a pobreza enerxética mata

Vigo, do mesmo xeito que outras cidades da Galiza, sae á rúa para denunciar, antes do nadal, a pobreza enerxética que afecta a millóns de persoas no estado e a centos de miles no país.

Manifestación para denunciar que a pobreza enerxética mata
A pobreza enerxética afecta a 100 mil fogares galegos. O que supón que mais de ao redor de 300.000 persoas na Galiza teñen dificultades para afrontar as facturas dá luz. As causas que xeran esta precariedade enerxética son diversas, aínda que existen tres factores fundamentais: baixos ingresos do fogar, traballo e salarios precrarios, calidade insuficiente da vivenda, prezos elevados da enerxía (con subidas do butano, o gas a electricidade, a auga …) 
 
As súas consecuencias no benestar son tamén variadas: temperaturas da vivenda inadecuadas, incidencias sobre a saúde física e mental (incluíndo mortalidade prematura de anciáns), risco de endebedamento e desconexión da subministración, degradación dos edificios, malgasto de enerxía, emisións, etc. E a peor consecuencia de todas e que a pobreza enerxética é causa de mortes en todo o estado e no noso país 
 
As solucions da Xunta son escasas e pequenas: para a luz pagan dúas mensualidades por ano cun tope máximo de 200 euros; ese é o ticket eléctrico social e para nada fai responsable ás sumistradoras do pago das facturas non pagas sabendo dos seus enormes beneficios. A Xunta e o Goberno do PP son cómplices dunhas política ao servizo das grandes compañías suministradoras: Galiza exporta ata o 40% da electricizade que produce sen recibir nada a cambio.
 
Miles de persoas asinaron o manifesto contra a Pobreza Enerxética en Vigo nun feito historico no que se uniron movementos sociais, partidos políticos, sindicatos e forzas vivas da sociedade para saíren ás rúas o pasado 21 de decembro e denunciar a pobreza enerxética que levou á morte a persoas como Rosa, cando unha vela prendeu lume na súa casa.
 
Paradoxicamente o percorrido da manifestación foi polas rúas máis iluminadas dunha cidade, Vigo, na que no nadal inda hai máis luminarias mentres que moita xente non pode pasar un nadal normal: falta a luz; falta o gas; falta o butano. Sexa nunha casa onde non se poden pagar ou nun choupano ou edificio abandonado, onde se refuxian quenes xa nin teito teñen.
 
 
Ao remate da manifestación leuse un comunicado no que se esixiron as seguintes medidas:
 
1. Prohibición legal de todos os cortes de luz a familias con problemas económicos. As eléctricas deberán dirixirse á administración para comprobar a situación das familias que non abonen os seus recibos. Se sofren vulnerabilidade económica, non poderán cortarlles a subministración e o custo será asumido polas compañías.
 
2. Fin aos abusos tarifarios. Aprobación dunha tarifa alcanzable, regulada polo Goberno, á que poderán acollerse todos os consumidores domésticos na súa primeira residencia.
 
3. Creación dunha auténtica tarifa social. Substitución do actual bono social por unha tarifa de reducida contía dirixida ás familias con baixos niveis de renda, sufragada polas eléctricas.
 
4. Recoñecemento e devolución por parte das grandes eléctricas dos 3.500 millóns de euros que cobraron indebidamente en conceptos de Custos de Transición á Competencia (CTCs).
 
5. Auditoría ao sistema eléctrico. Realización dunha análise dos custos do sistema desde que se puxo en marcha a liberalización do sector, co obxectivo de determinar o prezo real das tarifas eléctricas.
 
6. Aplicación do tipo de IVE superreducido á electricidade, pasando do 21% actual ao 4% por ser considerado un servizo esencial para a cidadanía.
 

gas /  luz /  pobreza /  pobreza energética /