Ernesto Ilkermn - Roberto Solano •  Galicia •  23/12/2016

Carlos e Serafín, no nadal, voltan a pedir o indulto

Unha concentración no centro de Vigo apoia a petición de indulto, con consignas contra unha decisión xudicial inxusta que mantén os afectados á espera de entrar en prisión dende hai máis de tres anos.

Carlos e Serafín, no nadal, voltan a pedir o indulto
Malia o apoio recibido ate polo Parlamento Galego, que votou unha resolución para que lles concedan o indulto, o caso de Carlos e Serafín, condenados a ingresar en prisión por seren identificados nunha folga, vai camiño de rematar o ano sen solución. E non é o primeiro. Son máis de tres anos de mobilizacións tras coñecer que eran condenados, cando a identificación policial parecía rutinaria pero acabou nunha condena que ninguén esperaba.
 
Anos nos que nunca teñen seguro se poderán pasar o nadal cas súas familias, pois de serlles denegado o indulto, terán que ingresar. Anos nos que o goberno PP, que na Xunta e ate no Concello vota unha cousa pero en Madrid fai outra, chegou a denegarlles un indulto que é de xustiza, porque foi unha condena inxusta, en base a un artigo do Código Penal que criminaliza a loita da clase traballadora. Un artigo que a nova composición do Congreso debería derogar canto antes, para solucionar non soamente o seu caso, senón o de tantas e tantos traballadores que, identificados pola policía nunha folga, logo acaban sendo condenados por un xuíz.
 
O secretario comarcal da central nacionalista Alberto Gonçalves, en nome dos tres sindicatos que veñen apoiando sen fisuras a Carlos e Serafín, CIG, CCOO e UGT, leu o comunicado ao remate da concentración nun nadal no que esta vez sí estiveron Carlos e Serafín, pero mentres non lles concedan o indulto nada garante que para o ano que vén poidan estar, non ahí, senón cas súas familias. 
 

represión /  sindicatos /  trabajadores /