Concentración en Vigo para esixir o indulto de Carlos e Serafín

A única explicación do silencio do Goberno do PP é que "estamos ante unha burda montaxe onde se pretende desprestixiar a protesta sindical e amedentrar a clase obreira". 

Como cada segundo xoves de cada mes voltouse a pedir o indulto de dous traballadores, Carlos e Serafín, que foron condenados, como recordou Amelia García,de CCOO, polo crime de "participar nun piquete informativo, nunha folga para activar a negociación colectiva" que é un dereito fundamental básico garantido na Organización Internacional de Traballo e no Estatuto dos traballadores.
 
 
O seu delito foi defender á clase obreira, defender o mesmo que moitas e moitos facemos nunha folga para mellorar os dereitos laborais, no seu caso o do Convenio de Transporte Público de Mercancías por Estrada. Identificados pola policía dixéronlles que era unha identificación rutinaria, pois non danaran nada nin a ninguén. Pero tempo despois foron acusados e condenados por un Código Penal obsoleto que persegue as e os traballadores no exercicio da folga.
 
Amelia recordou que "estes compañeiros contan co noso respaldo sindical e social. Presentáronse miles de sinaturas pedindo o indulto ao goberno e incluso lles chegou esta petición dende o Concello de Vigo, a Deputación de Pontevedra e o Parlamento de Galiza".
 
Ante a denegación do indulto nunha ocasión foi de novo pedido, sen que ate agora teñan contestación, polo que corren o risco de teren que entrar en prisión. Mentres vemos como, en palabras de Amelia, "hai dúas varas de medir na xustiza: hai quen delinque, quen rouba o diñeiro de todas e todos e é absolto; e hai os que non deliquen e so exercen un dereito da constitución que debe ser especialmente protexido polos poderes públicos e en vez de eso son condenados e están a merced dun indulto que non da chegado".
 
A única explicación do silencio do Goberno do PP é que "estamos ante unha burda montaxe onde se pretende desprestixiar a protesta sindical e amedentrar a clase obreira". É o maior "intento de criminalización do dereito de folga e o ataque mais duro contra a liberdade sindical dende que estamos en democracia".
 
En nome dos tres sindicatos convocantes, CIG, CCOO e UGT, a secretaria comarcal de Comisións Obreiras reiterou que seguirán cas mobilizacións, berrando, co resto da xente: ¡Carlos, Serafín, indulto xa!.
 

Añadir nuevo comentario

Comentarios

Plain text

  • No se permiten etiquetas HTML.
  • Las direcciones de las páginas web y las de correo se convierten en enlaces automáticamente.
  • Saltos automáticos de líneas y de párrafos.
Al enviar este formulario, usted acepta la política de privacidad de Mollom .