Esquerda Unida únese aos actos de Ferrol e A Coruña no Día da Clase Obreira Galega

10/03/2017

Esquerda Unida lembra un ano máis, o 10 de marzo de 1972, cando eran asasinados a mans fascistas os compañeiros Amador Rey e Daniel Niebla mentres defendían os dereitos dos traballadores dos estaleiros públicos de Ferrol.

Dende Esquerda Unida facemos un chamamento á participación nas mobilizacións e actos convocadas polos sindicatos en Ferrol, a ofrenda floral no Monumento 10 de Marzo e a Manifestación do Día da Clase Obreira Galega, co fin de honrar a memoria dos compañeiros asasinados a mans fascistas no ano 1972, Amador Rey e Daniel Niebla, traballadores dos estaleiros públicos ferroláns.

Para que estas mortes non caian no esquecemento, é imprescindible seguir a lembrar a súa memoria, facendo que os seus valores impregnen os nosos actos e as nosas conciencias, tal como fixo nos seus versos Rafael Bárez, militante do Partido Comunista e concelleiro do PCG na Coruña, que foi encarcerado no cárcere coruñés durante nove meses polo seu papel como avogado laboralista nestes históricos e cruentos sucesos e que hoxe se lle renderá homenaxe hoxe ás 20 horas no Teatro Rosalía de Castro, na Coruña.

Dende Esquerda Unida facemos un chamamento á participación nestes actos, aos que acudirán os membros da dirección de Esquerda Unida:

XOVES, 9 DE MARZO

 

Homenaxe a Rafael Bárez. 1972-2017: Lembranza da masacre de Ferrol e a loita obreira polas liberdades

Hora: 20 horas.

Data: Xoves, 9 de marzo.

Lugar: Teatro Rosalía de Castro, A Coruña.

Acude: Yolanda Díaz, coordinadora nacional de Esquerda Unida e deputada de En Marea.

VENRES, 10 DE MARZO

 

Ofrenda Floral en Ferrol

Hora: 11 horas.

Data: Venres, 10 de marzo.

Lugar: No Monumento ao 10 de Marzo.

Acude: Yolanda Díaz, coordinadora nacional de Esquerda Unida e deputada de En Marea.

 

Manifestación en Ferrol

Hora: 19 horas.

Data: Xoves, 10 de marzo.

Lugar: Saída dende o Monumento ao 10 de Marzo (Ferrol) e remate na Praza da Constitución.

Acude: Yolanda Díaz, coordinadora nacional de Esquerda Unida e deputada de En Marea; Eva Solla, membro da dirección de Esquerda Unida e deputada de En Marea e Rubén Pérez, secretario de Organización de Esquerda Unida.

 

Añadir nuevo comentario

Comentarios

Plain text

  • No se permiten etiquetas HTML.
  • Las direcciones de las páginas web y las de correo se convierten en enlaces automáticamente.
  • Saltos automáticos de líneas y de párrafos.
Al enviar este formulario, usted acepta la política de privacidad de Mollom .