Esquerda Unida esixe que se leven a cabo todas as iniciativas necesarias para depurar responsabilidades penais e políticas polo accidente do Alvia

17/03/2017

“É importante reabrir unha Comisión de Investigación, que foi impedida polo goberno do PP, co apoio do PSOE, no Parlamento de Galicia, a pesar de que esas mesmas formacións si que apoiaran unanimemente abrir dita Comisión de Investigación en sede parlamentaria mediante unha moción promovida pola Plataforma Vítimas do Alvia en máis dun centenar de concellos en todo o Estado”, sinala Rubén Pérez.

O Xulgado de Instrución número 3 de Santiago, que instrúe a causa polo accidente do Alvia ocorrido en xullo de 2013 en Angrois e no que morreron 80 persoas e houbo unhas 144 feridas, citou para o vindeiro 23 de marzo a Andrés Cortabitarte, entón xefe de seguridade de Adif, como presunto responsable dos delitos de homicidio e lesións por imprudencia grave.

Dende Esquerda Unida, vemos favorable o feito de que a investigación do accidente de Angrois non se detivese no maquinista, tal como sucedera nun primeiro momento, xa que son moitas as interrogantes que aínda merecen ter unha axeitada resposta para facer xustiza coas vítimas, os seus familiares e a cidadanía.

“A magnitude do sinistro de Angrois obriga a que se realicen todas as investigacións oportunas para depurar as responsabilidades penais e políticas”, explica Rubén Pérez, secretario de Organización de Esquerda Unida. Neste senso, “a imputación de Andrés Cortabitarte, ex-director de seguridade de Adif, a empresa pública xestora da rede ferroviaria, como responsable non debe representar, nin moito menos, un final da investigación”, sinala.

“Se ben está claro que Adif ten moito que dicir, segue a haber moito rexeitamento á hora de investigar ás persoas que tiñan máis responsabilidades políticas, polo que é importante abrir unha Comisión de Investigación, que foi impedida polo goberno do PP, co apoio do PSOE, no Parlamento de Galicia, a pesar de que esas mesmas formacións si que apoiaran unanimemente abrir esta Comisión de Investigación en sede parlamentaria mediante unha moción promovida pola Plataforma Vítimas do Alvia en máis dun centenar de concellos en todo o Estado. Dita moción tamén recollía encargar a unha comisión de expertos e técnicos independentes a investigación do acontecido”.

Por todo isto, Pérez recalca que “con este comportamento vergoñento, tanto o PP como o PSOE demostran unha vez máis a súa hipocrisía, quedando retratados ao non querer participar nun exercicio de responsabilidade tan necesario coa cidadanía galega”, remata Rubén Pérez.

Añadir nuevo comentario

Comentarios

Plain text

  • No se permiten etiquetas HTML.
  • Las direcciones de las páginas web y las de correo se convierten en enlaces automáticamente.
  • Saltos automáticos de líneas y de párrafos.
Al enviar este formulario, usted acepta la política de privacidad de Mollom .