Esquerda Unida valora moi positivamente que o Parlamento Europeo inicie as investigacións preliminares sobre os fondos públicos investidos pola Xunta no aeródromo de Rozas

07/04/2017

 “Despois de cinco anos de constantes bombardeos de anuncios e promesas, os resultados desta escandalosa campaña de propaganda concrétanse en millóns de euros públicos nas mans de multinacionais do armamento e nin un só posto de traballo creado na provincia de Lugo”,  denuncia Ramón Vázquez, ex-deputado de AGE.

A Comisión de Peticións do Parlamento Europeo deu luz verde para comezar os trámites dunha investigación preliminar sobre o emprego de fondos europeos en instalacións e tecnoloxía militar no aeródromo de Rozas (Castro de Rei), un feito totalmente prohibido pola lexislación europea e que vimos denunciando dende fai cinco anos dende Alternativa Galega de Esquerda (AGE), da man de Ramón Vázquez no Parlamento de Galicia, e xunto a o eurodeputado de Izquierda Plural, Javier Couso, en Bruselas.

Isto vén a animar o longo e constante traballo político que realizou Esquerda Unida nestes últimos anos, tanto no Parlamento de Galicia na pasada lexislatura, coma no Congreso dos Deputados en canto ás evidencias que sinalan a existencia de tecnoloxía militar e drons co fin de converter dito aeródromo nunha base militar da OTAN.

Debido ás reiteradas evasivas dos gobernos irresponsables da dereita de Rajoy e Feijóo, Ramón Vázquez e Javier Couso rexistraran ante a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo, o pasado 3 de xuño de 2016, un escrito solicitando unha investigación sobre o posible uso fraudulento de fondos europeos no Centro de Investigación Aerotransportada (CIAR) que o Ministerio de Defensa ten en Rozas, Castro de Rei.

“Teño a confianza en que as investigacións que agora se inician por parte da Comisión de Peticións do Parlamento Europeo consigan desenmarañar a madeixa de mentiras e o entramado da cadea de favores que se agocha no Aeródromo de Rozas”, expresa o membro do Consello Nacional de Esquerda Unida e ex-deputado de AGE, Ramón Vázquez.

Segundo lembra Vázquez, un dous aspectos máis salientables do proxecto de Rozas e que “despois de cinco anos de constantes bombardeos de anuncios e promesas, os resultados desta escandalosa campaña de propaganda concrétanse en millóns de euros públicos nas mans de multinacionais do armamento e nin un só posto de traballo creado na provincia de Lugo relacionado co Aeródromo de Rozas”.

A denuncia presentada diante do Parlamento Europeo baséase en tres puntos básicos:

O primeiro é que o Goberno Galego investiu millóns de euros públicos de Fondos Europeos nunha instalación propiedade do Ministerio de Defensa  para aspectos estruturais do aeródromo como a torre de control, as pistas de aterraxe e o perímetro da base.

O segundo punto é que os investimentos realizados polo Goberno Galego no Aeródromo de Rozas permitiron acoller o desenvolvemento e fabricación do Dron Atlante do Ministerio de Defensa e a realización das manobras do GRUPO GROSA, dependente do Rexemento de Intelixencia nº1, co dron militar de fabricación israelí Searcher II.

O terceiro e último punto é que a adxudicación do Polo Aeronáutico de Rozas á empresa de capital público INDRA, dependente do Ministerio de Defensa e investigada pola súa implicación no financiamento irregular do Partido Popular, realizouse despois dun concurso amañado, que incluíu a presencia de membros do Ministerio de Defensa como asesores da Mesa de Contratación creada polo Goberno Galego para o proceso de adxudicación. Este proceso de contratación deixou fóra ás empresas galegas do sector aeronáutico e sen posibilidades reais de recurso.

Por todo isto, Esquerda Unida celebra que Bruxelas inicie as investigacións preliminares sobre os Fondos Europeos investidos pola Xunta no aeródromo de Rozas e que aclare, dunha vez por todas, onde foi a parar ese diñeiro público.

Añadir nuevo comentario

Comentarios

Plain text

  • No se permiten etiquetas HTML.
  • Las direcciones de las páginas web y las de correo se convierten en enlaces automáticamente.
  • Saltos automáticos de líneas y de párrafos.
Al enviar este formulario, usted acepta la política de privacidad de Mollom .