Redacción •  Galicia •  06/05/2017

EU participará na manifestación do 7M

Esquerda Unida participará con faixa propia na mobilización convocada pola Comisión Aberta en Defensa do Común deste domingo, baixo o lema: “Recuperar o espazo público / frear a especulación do porto”.

EU participará na manifestación do 7M

Esquerda Unida participará con faixa propia na mobilización convocada pola Comisión Aberta en Defensa do Común deste domingo, baixo o lema: “Recuperar o espazo público / frear a especulación do porto”.

EU chama á participación cidadá nesta manifestación, que realizará a súa saída ás 12 horas da Praza da Palloza, para demostrar ás institucións en mans do PP que hoxe xestionan e preparan a venda dos terreos públicos de Maestranza, os peiraos, o cárcere ou a Solana que a xente non vai permitir que o patrimonio da cidade sexa subastado e explotado a maior lucro de promotoras privadas.

O Consello político local de EU apoia todas as reclamacións da plataforma máis mostra especialmente preocupación polos plans de venda dos peiraos históricos de San Diego, Centenario e Oza. Estes terreos estratéxicos son o motor económico ao redor do que creceu a cidade e a comarca e un eixe vital para o noso futuro e a creación de postos de traballo sostibles na contorna. 

A agrupación local de EU remarca que “A Coruña é unha cidade portuaria que debe corrixir a errónea decisión tomada por Francisco Vázquez e o Gabinete de José María Aznar en 2003 de desfacerse do porto. Proxectos como o da conversión do Peirao do Centenario ao tráfico de contedores suporían a creación de 3.500 postos de traballo estable na cidade, mentres que a venda para a construción do parque de 5.700 vivendas en San Diego que defende o PP son pura especulación inmobiliaria”.


Esquerda Unida /