Concentración para pedir o indulto de Carlos e Serafín

A pesar da choiva que finalmente caeu un numeroso grupo de persoas apoiaron a concentración convocada por CIG, CCOO e UGT na que, un mes máis, en vísperas doutro Consello de Ministros, se lle pediu ó goberno do PP que tramite a solicitude do indulto dos dous vigueses que ten o cuestionado ministro Catalá dende fai xa anos.

Ao remate da concentración, na que se pediu "Carlos, Serafín ¡Indulto xa!" a Secretaria Comarcal de CCOO interviu en nome de todos para por de manifesto a calaña do "goberno, do seu partido e das súas élites" en referencia a corrupción que afecta ate "ao fiscal anticorrupción e ao fiscal xeral do Estado" que están a ser sinalados porque "maniobraron para torpedear a operación Lezo". "Sufrir este tufo pestilente a corrupción e a cloaca diste país e observar que aquí ninguén dimite e aquí non pasa nada é indignante" remachou Amelia Pérez.
 
Fronte ás ausencias de demisións, cun goberno sobre o que pendura unha moción de censura "parece ser que neste país os únicos culpables de todo somos a clase obreira, os sindicatos, como saben moi ben Carlos e Serafín" continuou denunciando Amelia posto que "se utilizan as institucións do estado para salvar a delincuentes do PP, sin embargo Carlos e Serafín seguen esperando polo seu indulto". 
 
Citando os principios constitucionáis da OIT que establecen que "sen xustiza social non hai paz" rematou a súa intervención afirmando que "non é de xustiza social que non teñan o indulto; non é de xustiza social o que berramos sempre: non pode ser, non pode ser, obreiros na cadea e corruptos no poder"
 
 
 
 

Añadir nuevo comentario

Comentarios

Plain text

  • No se permiten etiquetas HTML.
  • Las direcciones de las páginas web y las de correo se convierten en enlaces automáticamente.
  • Saltos automáticos de líneas y de párrafos.
Al enviar este formulario, usted acepta la política de privacidad de Mollom .