Concentracións en toda Galiza de rexeitamento á violencia de xénero

De xeito simultaneo en todas as cidades da Galiza o pasado 11 de maio tiveron lugar concentracións en rexeitamento á violencia de xénero que vén de se cobrar una vítima máis. Un neno de 11 anos asasinado polo seu pai na Coruña. 

Na concentración de Vigo estiveron as tres plataformas principáis, Rede de Mulleres contra os Malos Tratos, Marcha Mundial das Mulleres e a Plataforma Feminista Galega, que contaron co apoio de moitas personas que abarrotaron as escaleiras do MARCO. Durante a concentración deuse lectura ó seguinte comunicado:
 
"Cando os membros do Goberno da Xunta saen á porta do Parlamento a gardar un minuto de silencio, en que están a pensar? Que reclaman? Contra que políticas de prevención da violencia machista protestan? Que noxo! Que desvergonza! Canta mentira! Este meniño foi utilizado como medio de agresión a súa nai, non foi unha desgraciada morte fortuíta que poida causar consternación. Foi outro cruel asasinato machista. Róenos a tristeza e a carraxe. Os gobernantes, tan dignos, súmanse á dor sentida pola familia, á consternación causada na sociedade. Son eses humanos que baleiran de humanidade as mulleres cando nos cousifican, cando nos reducen a cidadás de segunda, cidadás culpables da violencia que reciben. Violencia física, psicolóxica, sexual, pornográfica e institucional instalando o medo nas nosas conciencias, o medo que dirixe as nosas vidas. Medo a ir soas pola rúa, medo a ocupar espazos públicos, medo a non saber dicir non, medo á noite... medo aos pais dos nosas crianzas. Pode haber un terror máis grande?
 
Aquí estamos. Cansas de ter que defender o obvio cada vez que se cuestiona o patriarcado pero inquebrantables na nosa convicción: os asasinos non son individuos tolos, son produto das relacións de poder. Cada vez que alguén ridiculiza as denuncias do feminismo con argumentos falsos e insostibles, como o argumento manido das denuncias falsas, é cómplice do seguinte asasinato, asasinato producido pola perpetuación dos valores tradicionais dunha masculinidade posesiva. Ah! Que non entendemos como é posible que o odio á muller supere o amor por un fillo! Chámase machismo. Cando o home sente que perde o control sobre a súa posesión recorre á violencia como recurso. Un parricidio debería mover as nosas conciencias, a nosa visión das cousas. Pero non é así. 
 
Neste ano en que levamos un menor por mes asasinado por violencia machista o Goberno do PP recortou drasticamente o orzamento en igualdade sen dignarse a dar explicacións. Un goberno que ano tras ano publica leis que atacan frontalmente os dereitos das mulleres, en particular das mulleres traballadoras, defendendo unha falsa igualdade nas elites.
 
Porque mentres a igualdade soamente sexa formal é urxente protexer as vítimas do machismos: mulleres e menores. Neste caso, un filliño de 11 anos.
 
Xa está ben de caras de consternación! Tomen medidas efectivas contra o feminicidio.
 
Cando nos tocan a unha tócannos a todas.
 
Seguiremos en marcha ata que todas sexamos libres."
 
Unha vez rematada a lectura, viñeron os berros de berros de indignación, de rabia e tamén de reinvindicación pois "¡Non son mortes, son asasinatos!", "¡Machista: escoita! estamos en loita!" "¡Ante a violencia ningún paso atrás!"...
 
 
 
 

Añadir nuevo comentario

Comentarios

Plain text

  • No se permiten etiquetas HTML.
  • Las direcciones de las páginas web y las de correo se convierten en enlaces automáticamente.
  • Saltos automáticos de líneas y de párrafos.
Al enviar este formulario, usted acepta la política de privacidad de Mollom .