Esquerda Unida Compostela organiza a xornada de debate: “Os retos da loita LGTBI” con motivo do Orgullo 2017

15/06/2017

 Venres, 16 de xuño, 19 horas, en el Auditorio do Espazo Matadoiro  (Praza do Matadoiro. Santiago de Compostela).

Esquerda Unida Compostela organiza a charla-debate que leva por título: “Os retos da loita LGTBI”, impartida por Vanessa Angustia, senadora de En Marea; Sara Romero, activista do colectivo transexual; Charo Alises, avogada do equipo xurídico da FELGBT e a actriz Pilar Pereira. Este acto terá lugar o 16 de xuño ás 18h. no Auditorio do Espazo Matadoiro  (Praza do Matadoiro. Santiago de Compostela).

Este coloquio pretende dar a coñecer temas tan importantes como o Proxecto de Lei de Igualdade LGTBI, o Proxecto da Lei Galega de Identidade de Xénero, as dobres discriminacións no colectivo LGTBI ou o activismo LGTBI na cultura, entre outros.

Añadir nuevo comentario

Comentarios

Plain text

  • No se permiten etiquetas HTML.
  • Las direcciones de las páginas web y las de correo se convierten en enlaces automáticamente.
  • Saltos automáticos de líneas y de párrafos.
Al enviar este formulario, usted acepta la política de privacidad de Mollom .