Esquerda Unida denuncia que o aumento das execucións hipotecarias amosa que a recuperación económica non chega ao peto das galegas e galegos

07/09/2017

Á vista das cifras ofrecidas polo Instituto Nacional de Estatística (INE), a dura realidade da nosa comunidade é que a precariedade laboral e os salarios de miseria non permiten afrontar o pagamento das hipotecas.

Detrás dos datos de emprego vendidos como todo un éxito e bonanza económica esta semana, a suposta recuperación da que fala o PP non chega aos petos das galegas e dos galegos. Esta mañá vimos de coñecer o negativo dato do aumento dun 48% das execucións hipotecarias en Galicia respecto ao mesmo trimestre do ano pasado.

Á vista destas cifras ofrecidas polo Instituto Nacional de Estatística (INE), a dura realidade da nosa comunidade é que a precariedade laboral e os salarios de miseria non permiten afrontar o pagamento das hipotecas das galegas e galegos, un claro reflexo do fracaso das políticas de emprego postas en marcha polo Partido Popular.

Tal e como vimos denunciando nestes últimos anos dende Esquerda Unida, as galegas e os galegos asistimos a un empobrecemento total da clase traballadora (a modalidade contractual precaria, de menos horas, temporal e inestable afecta ao 94% dos novos contratos), o que fai que se consolide a precariedade e se polarice á poboación, que non se recupera da crise, ampliando a desigualdade entre a cidadanía.

Os salarios que perciben as e os traballadores, en xeral, son decrecentes e escasos, ademais, un 15% de persoas que traballan na nosa comunidade son pobres. En referencia ao tipo de relación que se establece coa patronal, ascenden os falsos autónomos dentro dun contexto social no que máis de 700.000 persoas viven en risco de exclusión social.

Para Esquerda Unida, esta é a panorámica da estrutura de traballo bosquexada  polo capitalismo especulativo actual, que pode permitirse dispoñer de amplas bolsas de persoas empobrecidas que, tal e como reflicten estes datos, non poden pagar unha vivenda, que é un dereito básico.

Añadir nuevo comentario

Comentarios

Plain text

  • No se permiten etiquetas HTML.
  • Las direcciones de las páginas web y las de correo se convierten en enlaces automáticamente.
  • Saltos automáticos de líneas y de párrafos.
Al enviar este formulario, usted acepta la política de privacidad de Mollom .