Concentración en defensa do dereito ao aborto

No Día Internacional polo Dereito ao Aborto Vigo sumouse cunha concentración ás que en todo o estado se celebraron para reinvindicar un dereito das mulleres que vén sendo limitado en moitos estados por leis retrógadas.

Ao remate da concentración, cun marcado carácter reivindicativo, leron o seguinte comunicado:
"En solidariedade con todas as mulleres de Europa, seguindo a exemplar loita das do estado español no 2015 e das polacas no 2016, exiximos que os dereitos das mulleres, a libre disposición do seu corpo, o dereito ao aborto e á saúde sexan respectados e considerados como dereitos fundamentais para a igualdade en todos os países europeos.
Hoxe, o dereito ao aborto en Europa é competencia de cada Estado.
Está prohibido en Malta, suxeito a estritos condicionamentos en Irlanda, en Hungría e en Polonia.
O dereito ao aborto, incluso alí onde é legalmente recoñecido, está de feito efectivamente en perigo ou podería volver estalo debido á cláusula de obxección de conciencia do persoal sanitario (estado español e Italia), a carencia de estruturas hospitalarias adecuadas (Grecia, Baviera), a escaseza de persoal e a eliminación de centros onde levar adiante o aborto debido a estruturacións hospitalarias (na Galiza e Francia). E en todos os países, pola elección de gobernos reaccionarios, conservadores e retrógrados.
Por tanto, é necesario insistir en que:
- O acceso ao aborto é un dereito.
- O aborto é unha decision persoal, tamén para as mozas de 16 e 17 anos. O meu corpo perténceme e eu decido sobre a miña vida.
- Hai que dotar de medios económicos aos centros de planificación e aos centros onde se practica o aborto para que estes sexan accesibles a todas as mulleres en todos os territorios.
- É necesario poñer en andamento campañas dirixidas a toda a poboación.
- A educación sexual debe ser accesible a todas e a todos para que as nosas decisións sexan libres e tomadas coas informacións adecuadas.
- As técnicas e os procedementos abortivos deben estar incluídos na formación inicial do persoal sanitario.
- A cláusula de conciencia do persoal sanitario debe ser suprimida.
- Os prazos legais para abortar teñen que ser harmonizados seguindo o modelo lexislativo máis progresista e os Estados deben despenalizar totalmente o aborto.
O 28 de setembro, Día Internacional polo dereito ao aborto, colectivos feministas en toda Europa manifestámonos de forma unitaria baixo o lema: Aborto, as mulleres deciden! Contra toda oposición reaccionaria e oscurantista aos dereitos das mulleres, para esixir unha mellor atención hospitalaria e por unha harmonización lexislativa europea para se cumpran os dereitos das mulleres"
 

Añadir nuevo comentario

Comentarios

Plain text

  • No se permiten etiquetas HTML.
  • Las direcciones de las páginas web y las de correo se convierten en enlaces automáticamente.
  • Saltos automáticos de líneas y de párrafos.
Al enviar este formulario, usted acepta la política de privacidad de Mollom .