En Marea presenta máis dun cento de emendas á polémica lei de fomento empresarial do PP

29/09/2017

O grupo político ven de entregar no Parlamento de Galicia un total de 123 obxeccións ao texto legal, para evitar que esta norma se convirta "na lei que legalice o expolio dos recursos naturais de Galicia".

Antón Sánchez, vivevoceiro de En Marea, durante a rolda de prensa / En Marea

As emendas están orientadas a regular a actividade para evitar que as grandes empresas poidan explotar os recursos galegos "sen deixar contrapartidas" ou mesmo "deixando que sexan os galegos quenes teñan que asumir os custes dos danos á natureza".

CORRUPCIÓN LEGALIZADA

O deputado Antón Sánchez, vicevoceiro de En Marea, explicou en rolda de prensa que o PP "pretende enmascarar con esta lei as súas verdadeiras intencións" no que se pode considerar "un tipo de corrupción legalizada", que deixaría a Galicia nas mans das empresas, e que de aplicarse remataría por non quedar "nada que protexer" ao entregar ás empresas un patrimonio natural "que é de todos os galegos e galegas".

CRÍTICAS AO PROCEDEMENTO DE TRAMITACIÓN

Sanchez sinanou ademáis que sempre foi crítico "co procedemento que se seguiu para o trámite da lei", pola "vía de urxencia" e "cun título falso que pretende favorecer a unhas poucas grandes empresas", o que confirma que Alberto Núñez Feijóo, actual Presidente da Xunta, está a manexar o Goberno galego "como un consello de administración", beneficiando ás grandes corporacións "como no caso de Villar Mir no río Xallas".

AGASALLO DO PP AOS GRANDES PODERES EMPRESARIAIS

O parlamentario de En Marea e Coordenador Nacional de Anova tamén explicou que o vindeiro 17 de outubro o Partido Popular "aprobará esta lei coa súa maioría absoluta e entregará ás empresas un agasallo do que os galegos terán que pagar a factura final", supoñendo isto un verdadeiro "roubo de luva branca", para favorecer os seus propios intereses a prol do fomento dun "capitalismo de amiguetes".

DESMONTANDO AS MENTIRAS DO PARTIDO POPULAR

En palabras de Antón Sánchez, a intención de En Marea coa batería de emendas "é desmontar as falacias do PP", porque si a lei chega a aprobarse, a xuventude "terá que seguir emigrando porque a lei castiga o desenvolvimento sostible e favorece só ás grandes empresas", entre outras cousas declarando "como ben de utilidade pública concesións destinadas a negocios de empresas privadas".

PROPOSTAS DE RECTIFICACIÓN

Nas súas 123 emendas En Marea propón, entre outras medidas, a rectificación da lei de garantías para contar cun regulamento eficaz de protección dos recursos naturais e da paisaxe, a dotación de recursos á xestión dos permisos para talas e intervencións de xeito que se poidan contestar as peticións en tempo e forma, eliminar as trabas aos pequenos produtores de enerxía e crear "zonas de exclusión de explotación" para manter "un escrupuloso respecto á paisaxe".

De feito, neste último senso, Antón Sanchez explicou que o PP tenta aprobar proxectos extractivos en zonas de Rede Natura porque en breve prazo, Europa esixirá a ampliación destas zonas polo cal o que se pretende é que as devanitas explotacións "poidan comezar antes da esixencia europea".

CONTESTACIÓN SOCIAL

Para o vicevoceiro de En Marea, esta nova lei terá contestación social "como xa houbo coa lei de acuicultura e Corcoesto", e tamén por parte dos concellos, "posto que se están a invadir competencias municipais e se vulneran directivas europeas".