Esquerda Unida insta á Xunta a esixir unha tarificación por consumo real de auga

28/11/2017

“Por iso queríamos facer unha reflexión colectiva: Galicia ten uns Plans Hidrográficos desfasados, xa que a seca non está catalogada como situación de emerxencia, polo que queremos poñer en axenda que temos un problema que parece que vén para quedarse e vai ser unha realidade”.

Compostela, 28 de novembro de 2017. Rubén Pérez, secretario de Organización de Esquerda Unida, vén de expoñer esta mañá nunha rolda de prensa en Compostela as medidas que debería poñer en práctica as administracións para garantir o subministro de auga nos concellos, unhas medidas que “neste momento se están a tomar pola vía de urxencia, xa que non había ningún tipo de previsión”, apunta. Neste senso, “case ningún plan municipal de emerxencia contén o risco de seca como un risco importante, polo que se está a improvisar demasiado, o que fai que se estean a tomar moitas decisións erróneas”, sinala.

Segundo Rubén Pérez, estas medidas erróneas son, por exemplo, “todos os transvases que se queren construír e todas as actuacións hídricas, teñen que ter unha valoración medioambiental estratéxica, algo que non se está a dar”. “No caso de non ter esta valoración, hai que actuar de maneira decidida, xa que un transvase mal feito pode rematar coa seca doutra conca, o que é algo moi serio”, explica.

Ademais, “a Xunta de Galicia —no Plan Hidrolóxico Galicia-Costas así figura—  debe instar a que os consumos tarificados sexan reais e non mínimos”. Por poñer un exemplo, no Concello de Vigo unha persoa pode consumir 8 metros cúbicos de auga, que sería un gasto real dunha familia, ou 30 e, na factura, non ten ningunha diferencia económica, polo que esiximos que se elimine o consumo mínimo e se tarifique por un consumo real”, explica. “De facerse así, a cidadanía podería levar a cabo medidas reais de aforro no consumo de auga, o que significaría unha nova cultura de auga vinculada co aforro”, apunta.

Rubén Pérez vén de participar nas Xornadas sobre a Directiva Marco da Auga (DMA) en Bruxelas, organizadas por Izquierda Unida, nas que compartiu experiencias con concelleiros que comentaban que hai cidades que, ante este problema de seca, como Albacete e Murcia, aplicaron medidas especiais que supuxeron ata o 25% de aforro de auga. Outras, como Zaragoza e Sevilla, teñen un mínimo garantido de 3 metros cúbicos de auga para a cidadanía.

Esquerda Unida leva moitos anos a traballar en materia de xestión do ciclo integral da auga. “Por iso queríamos facer unha reflexión colectiva: Galicia ten uns Plans Hidrográficos desfasados, xa que a seca non está catalogada como situación de emerxencia, polo que queremos poñer en axenda que temos un problema que parece que vén para quedarse e vai ser unha realidade”, polo que teremos que analizar esta nova situación para garantir o subministro de auga nos concellos con medidas ecolóxicas e de aforro para a cidadanía.

Añadir nuevo comentario

Comentarios

Plain text

  • No se permiten etiquetas HTML.
  • Las direcciones de las páginas web y las de correo se convierten en enlaces automáticamente.
  • Saltos automáticos de líneas y de párrafos.
Al enviar este formulario, usted acepta la política de privacidad de Mollom .