Redacción •  Galicia •  08/01/2018

Compromiso por Galicia reclama un plan de pediatría no rural

A formación considera que os recentes datos sobre demografía "non son esperanzadores para Galicia" e son aínda peores tendo en conta o despoboamento do ámbito rural coa conseguinte perda de identidade e de recursos. 

Compromiso por Galicia reclama un plan de pediatría no rural
Para CxG «non chega, para dar solución a este problema, facer unha campaña de marketing como considera a Xunta destinando numerosos recursos europeos, da Xunta e do Estado». Para CxG esta moi ben convidar a “Cambia a unha vida mellor, RURALÍZATE” cunha imaxe «moi estudada e cara» pero que «non afonda no problema».
 
Por iso, no marco desta actuación CxG irá propoñendo unha batería de medidas que a formación entende precisas para mellorar a calidade de vida dos galegos e galegas e que as opcións sexan as mesmas «independentemente de onde residan». Por iso, como primeira medida de atención ás necesidades básicas, propoñen a creación dun plan de implantación de pediatras no eido rural con garantías que sirva «para paliar unha das eivas» máis importantes a nivel social.

Compromiso por Galicia /