En Marea rexeita que Audasa suba as tarifas da AP-9 utilizando como desculpa a ampliación da Ponte de Rande que só é a vía de servicio máis cara do mundo

08/01/2018

O deputado de En Marea, Marcos Cal, sinalou en rolda de prensa que os novos viais abertos por Audasa como ampliación da Ponte de Rande “non poden ser considerados como parte da autopista” e polo tanto, non xustifican o incremento do prezo das tarifas que acaba de realizar a empresa concesionaria. Para En Marea a inauguración das dúas vías laterias da ponte, pero desconectadas do corpo principal de circulación, “non reúnen as condicións de seguridade, de capacidade de tráfico, nin de experiencia na conducción que xustificarían que se chamase autopista”. Cal sinalou que eses dous novos carrís “non están conectados ao resto da autopista e polo tanto non se pode circular neles como se fosen parte dunha autopista”. “Non se pode adiantar, non ten comodidade de uso, nin ofrece unha circulación segura, tal e como están asegurando nestes primeiros días os usuarios”. Cal definiu eses dous carrís como “a vía de servicio máis cara do mundo”. Para o deputado de En Marea, “estes dous carrís non forman parte da autopista e por tanto non ten sentido que Audasa subra os prezos das peaxes tomando a ampliación como excusa”.

Ponte de Rande / Wikimedia commons
En Marea pedirá que se deixe sen efecto a subida das peaxes que Audasa realizou utilizando como excusa a realización das obras, toda vez que non se cumpre o obxectivo que se prevía nas obras de “amplíar a autopista AP-9 na ponte de Rande”. Ademais, En Marea considera difícil de endenter que o goberno central, o Ministerio de Fomento e, noutro sentido, a Xunta de Galicia non fixeran ningún tipo de consideración sobre a ineficacia desas dúas vías para cumprir cos obxectivos de ampliación da autopista na AP-9. Segundo Marcos Cal, a “ponte é máis grande agora, pero a autopista segue sendo a mesma”.
 
Para En Marea esta ampliación da Ponte de Rande é un engano máis para os usuarios da vía que pensarán que agora hai máis capacidade e comodidade na ponte, pero non é así. Os dous carrís separados do corpo principal da ponte ofrecen moitas dúbidas aos usuarios e espertan desconfianzas profundas  sobre a operatividade destas vías en caso de accidente. Segundo os primeiros usuarios destas vías “as condicións de uso ofrecen inseguridade pola maneira en que están completados os quitamedos e non deixan espazo de manobra en caso de urxencia”.
 
Marcos Cal asegurou que estas dúas vías, unha en cada sentido, “son vías auxiliares, pero en ningún caso poden considerarse parte da autopista, posto que un usuario destes carrís non recibirá o mesmo servizo que un dos carrís que ocupan o espazo central da ponte”. O deputado apuntou tamén que está por ver que as pasarelas que unen en algúns puntos a estas vías co corpo central “reúnan as condicións necesarias para o paso de vehículos de urxencia”.
 
“Que nin o goberno central, nin Fomento, nin a Xunta protestaran sobre as irregulares condicións da ampliación da ponte só se pode entender pola complicidade entre o goberno e Audasa, unha complicidade reiterada ao longo do tempo e que vai en prexuízo directo das galegas”. Cal tamén apuntou que esa complicidade quedou máis patente cando Audasa conseguir que Rajoy “inaugurase en menos dunha semana dous tramos inacabados da mesma autopista, asumindo coa súa presenza as irregularidades que supoñen esas obras”. Apuntou o deputado de En Marea que as obras en Rande teñen en contra a toda a veciñanza da contorna, como demostra as declaracións de alcaldes como os de Cangas e Moaña.
 
Desde En Marea tamén se pedirán os informes precisos para garantir que eses dous viais cumpren coa normativa de seguridade para o tránsito e para saber se estes carrís contan con protocolos de seguridade para casos de accidentes, incendios ou para os casos nos que a ponte estea baixos os efectos dun temporal.
 
Marcos Cal tamén recolleu a preocupación das usuarias destes primeiros días da ampliación da ponte: “As usuarias están a manifestar preocupación pola seguridade do carril, preocupación polos protocolos diante dos percances, que colapsarían os carrís, e falan tamén de agorafobia (fobia aos espazos abertos polo carril voante con toda a vista despexada) e tamén temos que amosar preocupación polo chamado síndrome do mirón, que dado o enclave e a facilidade para extender a vista, preocupa que se poidan producir percances por ese efecto.

Añadir nuevo comentario

Comentarios

Plain text

  • No se permiten etiquetas HTML.
  • Las direcciones de las páginas web y las de correo se convierten en enlaces automáticamente.
  • Saltos automáticos de líneas y de párrafos.
Al enviar este formulario, usted acepta la política de privacidad de Mollom .