En Marea denuncia a privatización por catro anos da asistencia sanitaria na Coruña por parte da Xunta de Feijóo

24/03/2018

A vicepresidenta do Parlamento e deputada de En Marea, Eva Solla, a “primeira privatización ampla do sistema sanitario público galego por parte do Partido Popular da Xunta de Galicia” que foi publicada no DOG o pasado 16 de marzo e que supón a privatización de servizos na Coruña. Privatización da atención especializada por un importe de 96 millóns de euros que inclúe non só hemodinámica, que xa se estaba a facer nalgún centro concertado, senón que se amplía a cirurxías, consultas e probas ambulatorias. 

A deputada Eva Solla denuncia a primeira privatización do sistema sanitario público galego / En Marea
Os pregos de contratación inclúen información sobre o número de consultas que se van realizar a partir de agora en centros privados que van participar nun concurso coa Xunta de Galicia cun marco temporal de catro anos. Isto quere dicir que “a Xunta acaba de privatizar por catro anos a asistencia sanitaria na Coruña sen que exista coñecemento por parte dos axentes sociais e cunhas cláusulas abusivas que recollen incluso a mobilidade forzosa dos profesionais sanitarios que terán que atender nos centros privados se así o require a dirección do centro”.
 
A deputada de En Marea, Eva Solla, cualificou como “auténtica barbaridade” este contrato que supón un “ataque brutal e sen precedentes a sanidade pública” que debe ser coñecida por toda a cidadanía do noso país. Solla anunciou que o seu grupo falará co resto de grupos da oposición no Parlamento de Galicia para dar resposta a esta macroprivatización imposta polo PP e solicitar a comparecencia do Conselleiro de Sanidade, Jesús Almuíña, para que dea contas deste contrato. “Estamos ante unha actuación sen precedentes da que a Xunta de Galicia ten que dar conta” afirmou.

Añadir nuevo comentario

Comentarios

Plain text

  • No se permiten etiquetas HTML.
  • Las direcciones de las páginas web y las de correo se convierten en enlaces automáticamente.
  • Saltos automáticos de líneas y de párrafos.
Al enviar este formulario, usted acepta la política de privacidad de Mollom .

Comentarios

Loan Offer