En Marea reclama a aplicación da Lei de Memoria Histórica e a retirada dos títulos nobiliarios á familia Franco

05/07/2018

A formación considera unha burla ás vítimas do franquismo e ao conxunto da sociedade a transmisión do Ducado de Franco publicado esta semana no BOE. 

En Marea esixe que o goberno central aplique de xeito inmediato a Lei de Memoria Histórica e proceda á retirada de todo título nobiliario á familia Franco. O voceiro da formación considera unha verdadeira vergoña e unha burla, tanto ás vítimas do franquismo como ao conxunto da sociedade, a transmisión do Ducado de Franco que hoxe publica o Boletín Oficial do Estado. Un feito que, tal e como destaca Luís Villares, de ningún xeito debera ter cabida en democracia. 
 
"Desde En Marea consideramos unha verdadeira vergoña democrática que o BOE publique hoxe a transmisión do título nobiliario do Ducado de Franco". Son palabras do voceiro da formación, que ve nesta acción unha nova homenaxe "aos asasinos, a aqueles que acabaron coa democracia nos anos 30 no estado español e que trouxeron a guerra, a represión e a dictadura que causou centos de miles de mortos". 
 
Tal e como destaca o seu voceiro, En Marea entende que a transmisión deste título supón "unha afrenta á memoria histórica, unha afrenta ás vítimas do franquismo e unha burla contra toda a sociedade democrática actual. Por iso esiximos do goberno do estado a aplicación da Lei de Memoria Histórica para a retirada inmediata de todos os títulos nobiliarios dos que poida disfrutar á familia Franco".
 
Villares destaca a "natureza fundamento antidemocrática" que o Partido Popular demostra impulsando esta acción no seu derradeiro día de mandato. "Unha natureza, cando menos dalgúns dos seus dirixentes, non comprometida cos valores democráticos que a nosa sociedade si que ten", conclúe o voceiro de En Marea.

Añadir nuevo comentario

Comentarios

Plain text

  • No se permiten etiquetas HTML.
  • Las direcciones de las páginas web y las de correo se convierten en enlaces automáticamente.
  • Saltos automáticos de líneas y de párrafos.
Al enviar este formulario, usted acepta la política de privacidad de Mollom .