Galiza ca Flotilla

Na tarde na que o Zaytouna-Oliva foi asaltado en augas internacionáis pola armada israelí toda Galiza se mobilizou para dar o seu apoio á Flotilla da Liberdade, que un ano máis é ilegamente asaltada polos mesmos militares que asasinan ao pobo palestino na franxa de Gaza.

As concentracións tiveron lugar o 5 de outubro en Compostela, A Coruña, Ourense, Pontevedra, Lugo, Ferrol e Vigo.



A concentración de Vigo contou co apoio de todas as forzas da esquerda, movementos sociáis e nela estiveron Ana Miranda e Alejandro Ruetter quenes xa coñecen en primeira persoa o feito de ser abordados na Flotilla da Liberdade, onde embarcaran outros anos. Tamén deputadas de En Marea, BNG e concelláis de Marea de Vigo acompañaron as e aos concentratdos. Durante a concentración leuse un comunicado de condena ó vil acto de Israel, ainado por Rumbo a Gaza, Mujeres Rumbo a Gaza, Freedon Flotilla Coalition e a Marcha Mundial das Mulleres:



"A armada israelí volveu a actuar con total impunidade e contra toda legalidade internacional asaltando un barco civil que navegaba rumbo a Gaza en augas internacionais do Mar Mediterráneo. Nese veleiro ían trece mulleres de cinco continentes nunha acción non violenta de denuncia do ilegal e inhumano bloqueo israelí á Faixa de Gaza que se prolonga dende 2007.



Dende hai sete anos eses ataques, que constitúen actos de piratería en toda regra, asaltaron todos e cada uno dos barcos internacionais que tentaron romper o bloqueo marítimo do mar palestino de Gaza. Son accións civís pacíficas que protestan ante a pasividade da comunidade política internacional, cuxas supostas boas intencións diplomáticas para por fin á ocupación de Palestina prolóngase dende 1948. E son as mulleres e homes de todo o mundo quen manifestan que 68 anos de diplomacia internacional en van son demasiados anos, e a Palestina non se lle pode pedir outros 68 anos de resistencia.



Este ano foros mulleres de todo o mundo quen berraron a Gaza que non está soa na súa loita contra o bloqueo e tenderon fitas de solidariedade coas mulleres palestinas, resistentes a unha tripla opresión: á xerada pola ocupación israelí, á causada polo patriarcado, e á opresión xerada pola prexuizosa mirada occidental.



Durante a navegación polo Mediterráneo seguramente o barco de mulleres tería a poucas millas outros barcos de mulleres, homes, nenos e nenas que buscan refuxio lonxe das guerras de países en conflito. En Gaza, cando cada dous anos miles de bombas son lanzadas indiscriminadamente na zona máis densamente poboada do mundo, ninguén ten a posibilidade de fuxir por un mar bloqueado, nin por unha terra pechada por un muro, nin por un aire poboado por drons e avións de guerra.



Esta tarde a piratería israelí impuxo a forza por riba dos dereitos humanos e a legalidade internacional. Apropiase navalmente do Mar Mediterráneo asaltando e detendo en augas internacionais a trece mulleres que foron levadas secuestradas a Israel, lugar ata o que en ningún momento se dirixía o Zaytouna, cuxo destino era o porto de Gaza en Palestina.



• Denunciamos que Israel siga atacando barcos civís en augas internacionais.



• Denunciamos que un réxime racista e de apartheid continúe colonizando Palestina.



• Denunciamos que gobernos, como o do Estado español, nin protexan o dereito á libre navegación, nin condenen os ataques israelís a barcos civís, nin que levaran a cabo en 68 anos accións e políticas efectivas para por fin á ocupación e o bloqueo.



• Esiximos protección cara as pasaxeiras do Zaytouna-Oliva, levadas contra a súa vontade a centros de detención israelís, e a súa inmediata posta en liberdade.



As flotillas e outras acción directas seguirán producíndose e a sociedade civil seguirá chamando ao boicot ao apartheid israelí, como o fixo contra o sudafricano, ata que se poña fin á ocupación e ao bloqueo.



¡Viva Palestina Libre!"



Membros de BDS Israel (Boicot Desinversión e Sancións a Israel) chamaron a apoiar un movemento que, como no seu dái a loita contra o apartheid, pode conquerir que remate a masacre que dende fai décadas se está a cometer contra o pobo palestino. Con berros en favor de Palestina, recordando, como nos cartazes, que vencerá, todas e todos deron o seu apoio ao pobo palestino. Barquiños de papel navegaban pola pancarta ao pé do MARCO, onde tivo lugar a concentración de Vigo. Poderán impedir ao Zaytouna-Oliva que chegue a Gaza. Pero non poderán impedir a todos os barcos chegar!

+FOTOS e VIDEO

Añadir nuevo comentario

Comentarios

Plain text

  • No se permiten etiquetas HTML.
  • Las direcciones de las páginas web y las de correo se convierten en enlaces automáticamente.
  • Saltos automáticos de líneas y de párrafos.
Al enviar este formulario, usted acepta la política de privacidad de Mollom .