Ernesto Ilkermn - Roberto Solano

Un millar de persoas despiden en Redondela a Sesé, a última víctima de violencia de xénero

A dor era visible nas lágrimas das amigas de Sesé, nos berros de desesperación ante un caso de violencia de xénero con resultado de morte da muller, e no rostro da súa amiga Lucía que, de xeito expontáneo, amosou toda a dor que supón que Sesé xa non estea con nós por culpa dun criminal, dun machista que xa ameazara con volar a casa.
 
 

Multitudinaria manifestación en Chapela por los daños de la AP-9

La ampliación del punte de Rande y varios kilómetros de la AP-P antes y después del mismo afectan de modo singular al barrio de Chapela, a caballo entre Vigo y Redondela: expropiaciones, limitaciones para modificar viviendas, derribos de infraestructuras, ruidos constantes y un largo etc. de daños derivados de una ampliación proyectada en la época de vacas gordas que a día de hoy no resultaba necesaria, puesto que los atascos no se producen en el puente, sino antes y después del mismo, donde convergen diferentes carreteras y autopistas.
 

A CIG mobilizouse en demanda da recuperación dos dereitos laborais e sociais roubados coa escusa da crise

Centos de persoas participaron nas mobilizacións do 15 de febreiro convocadas pola CIG a prol da recuperación dos dereitos laborais e sociais roubados á clase traballadora coa escusa da crise, a través das reformas laboral, de negociación colectiva e das pensións. Uns recortes que atacan mesmo as liberdades públicas e que provocaron unha enorme precarización do emprego, facendo que a figura do asalariado/a pobre sexa unha realidade.
 

Carlos e Serafín, no nadal, voltan a pedir o indulto

Malia o apoio recibido ate polo Parlamento Galego, que votou unha resolución para que lles concedan o indulto, o caso de Carlos e Serafín, condenados a ingresar en prisión por seren identificados nunha folga, vai camiño de rematar o ano sen solución. E non é o primeiro. Son máis de tres anos de mobilizacións tras coñecer que eran condenados, cando a identificación policial parecía rutinaria pero acabou nunha condena que ninguén esperaba.
 

Manifestación para denunciar que a pobreza enerxética mata

A pobreza enerxética afecta a 100 mil fogares galegos. O que supón que mais de ao redor de 300.000 persoas na Galiza teñen dificultades para afrontar as facturas dá luz. As causas que xeran esta precariedade enerxética son diversas, aínda que existen tres factores fundamentais: baixos ingresos do fogar, traballo e salarios precrarios, calidade insuficiente da vivenda, prezos elevados da enerxía (con subidas do butano, o gas a electricidade, a auga ...) 
 

Manifestación da CIG en prol do emprego en Vigo

A segunda manifestación da ampla campaña que a CIG de Vigo está a desenvolver para reivindicar un futuro laboral digno para a clase traballadora da bisbarra colleitou de novo unha importante participación, logrando reunir máis de mil persoas desde a Dobrada até a farola de Urzáiz a pouco máis dun mes da realizada o pasado 20 de novembro.
 
Suscribirse a Ernesto Ilkermn - Roberto Solano