A área de Educación de Esquerda Unida inicia a campaña "Matricúlate na Pública”
Coincidindo co inicio do prazo de reserva de praza para os institutos de Educación Secundaria do alumnado actualmente matriculado en sexto de primaria (do 1 ao 15 de febreiro), a área de Educación de Esquerda Unida inicia hoxe martes unha campaña informativa de reparto de materiais impresos ao longo da xeografía galega na que anima á cidadanía a solicitar praza dentro da rede de centros públicos da comunidade.