Galicia

En Marea comprométese a reverter as privatizacións dos servizos de emerxencias e extinción de lumes impostas polo PP e redactar o Estatuto do Bombeiro demandado polos profesionais

O cabeza de lista ao Congreso de En Marea pola Coruña, Antón Gómez-Reino, trasladou aos bombeiros o compromiso poñer fin a actual situación que están a padecer cando o Goberno do cambio se cristalice tras as eleccións do vindeiro 26 de xuño e que tamén nun servizo fundamental como son as emerxencias se converte en indispensable para acabar coa dramática situación actual.

A SGHN presenta unhas "alegacións á totalidade" sobre o novo Plan de Xestión da Reserva da Biosfera do Río Eo, Oscos e Terras de Burón

A Sociedade Galega de Historia Natural denuncia a desgobernanza levada a cabo dende a Xunta de Galicia reflectida no novo Plan de Xestión sometido a información pública, no que se cometeron erros no texto publicado (no mundo hai 669 Reservas da Biosfera e non 651 como afirma o Plan) sen realizar en ningún momento "unha diagnose crible das súas debilidades, ameazas, fortalezas ou oportunidades".

En Marea reivindica un plan de reindustrialización para Galicia e políticas que recuperen os postos de traballo no sector

O cabeza de lista ao Congreso por Lugo, MIGUEL ANXO FERNÁN VELLO, desprazouse esta mañá ata a sede de ALCOA en San Cibrao, onde mantivo unha xuntanza co Comité de Empresa, na que tamén participaron os deputados de AGE do Parlamento GalegoRamón Vázquez e Antón Sánchez. "En Marea fai súas as demandas do Comité de Empresa de Alcoa San Cibrao porque a nosa razón de ser é facer nosas as demandas dos traballadores, máis de 1.400 ademais das 60 empresas auxiliares.

17 de Xuño, Día Mundial da loita contra a desertificación e a seca

Un dos compoñentes claves para evitar esta situación é manter un bo nivel de materia orgánica. Para este fin, Amigos da Terra resalta a importancia da compostaxe, como unha práctica viable, económica e fácil de aplicar, que rexenera o desgaste do chan a través da materia orgánica producida.

En Marea reivindica prezos xustos para o leite para manter vivo o rural e o emprego no sector primario

“Estamos ante unha crise gravísima do sector, é de sentido común que se o prezo de produción de leite está redor dos 30 céntimos é imposible manter un sector cando se lles está a pagar por debaixo desta cifra fai falla regulación e protección dos pequenos gandeiros. A Xunta nestes anos pediron aos gandeiros que fixeran os deberes e o fixeron, endebedáronse, investiron en tecnoloxía, remodelar explotacións pero a Xunta mentres tanto non fixo o seu.

Arrincan as Xornadas “Olladas da resistencia e a represión”

O xoves 16 de xuño terá lugar a primeira das sesións que compoñen as xornadas “Olladas da Resistencia e a Represión” que continuarán ata o 30 do mesmo mes, e estarán presentes en Santiago de Compostela, Redondela e Vigo. As xornadas “Olladas da Resistencia e a Represión” buscan facer unha análise de como é o día a día dos millóns de persoas no mundo que sofren reiteradas violacións de dereitos como consecuencia dos intereses xeoestratéxicos e a aplicación das políticas neoliberais. Ademais estas xornadas pretenden amosar como son os procesos sociais que se

Páginas