Galicia

A candidatura de "A Marea do pobo", encabezada pola deputada de AGE Eva Solla en Ponetevedra, leva 25 medidas por e para a Esquerda

A MAREA DO POBO ofrece este documento como aval da experiencia das persoas que a conforman ao longo do país e como garantía de que existe detrás das persoas un proxecto político e social. Un proxecto que ten como obxectivo animar á cidadanía galega a que o 25 S dea o seu apoio a EN MAREA e permita así poñer fin ao goberno austericida de Feijóo.

 

Presentación en Ferrol: "25 Propostas para un Goberno de Esquerdas o 25S", por Marea do Pobo

O primeiro en intervir, Xabier Ron, encargado da elaboración programática de EU e candidato á Marea do Pobo, fixo unha presentación destas 25 propostas, que son "un proxecto político e social que serve de aval da nosa experiencia como candidatura de A Marea do Pobo para o proceso de primarias de En Marea”.

Lorena Dapena, segunda candidata de En Marea do Pobo, recordou que “estas propostas son un proxecto que sirve para sumar na definición e formulación dun programa de acción de goberno que será o que sirva de guieiro de En Marea”.

A candidatura de "A Marea do Pobo" encabezada pola diputada de AGE Eva Solla e Juan Fajardo presentose hoxe en Vigo ás primarias de En Marea para "contribuir ao afianzamiento da esquerda política e social en Pontevedra"

Esta mañá presentouse a candidatura de Marea do Pobo en Pontevedra, que busca por ao servizo das clases populares a experiencia e o traballo de loita de deputados de AGE como Eva Solla e Juan Fajardo, e incorporar a xente cun compromiso claro en defensa da sanidade pública, nos dereitos dos traballadores e traballadoras, na defensa do noso patrimonio natural e dun modelo económico diferente.

Ante os incendios dos últimos días Feijóo nega a maior

Comunicado

Levamos días de intensa calor que deixan tras de si centos de incendios forestais e máis de 900 hectáreas de monte queimadas, como os últimos incendios que afectaron o Parque Natural de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán por mor da falla de prevención da Consellería de Medio Rural e da propia Presidencia da Xunta de Galicia.

Páginas