Chamemos as cousas polo seu nome

Nos últimos tempos vivimos unha involución en canto a igualdade entre mulleres e homes, cada día atopamos máis casos de violencia machista nos institutos, continuamos con “a matei porque era miña”, a muller segue a ser vista como unha propiedade, como un obxecto.

As cifras de asasinadas, que non de mortas, as cifras de denuncias e mesmo de violacións no Estado español, que son de unha cada oito horas, amosan que a pesares das ferramentas teóricas e legais que temos non se están a tomar medidas que representen de forma definitiva a igualdade real entre mulleres e homes.

A fenda salarial na Galiza fai que as mulleres cobren unha media de 320 euros menos ao mes que os compañeiros varóns. Unha parte importante do problema xunto co educacional, é que as institucións non traballan e non pulan por unha igualdade rea, nese sentido, vémonos na obriga de reclamar ata o propio cumprimento das leis das que nos dotamos dende fai anos. A administración incumpre a formación dos propios profesionais que atenden ás mulleres, polo que vemos que non hai unha aposta de camiño ata a igualdade real.

Falouse no Parlamento de Galicia moito respecto a Lei 11/2007, Lei Galega para a Protección e Tratamento Integral da Violencia de Xénero.

A maior parte dos colectivos profesionais e sociais que compareceron denunciaban o incumprimento sistemático da propia Lei. Isto quere dicir que temos unha realidade preocupante na que as mulleres seguen sufrindo a pobreza dunha maneira máis acusada, unha fenda salarial que é inaceptable e unha ausencia de medidas reais que sirvan para poñerlle fin a  esta problemática.

É necesario chamar as cousas polo seu nome, non poderemos dar solución a está traxedia si non o facemos, as mulleres non morren nas mans das súas parellas, son asasinadas, e son asasinadas por ser mulleres, por mor dunha educación patriarcal, por iso é necesario introducir o termo Feminicidio e iniciar os traballos para desenvolver o Estatuto de Vítima de Feminicidio. 

Rematar con este cancro da nosa sociedade é cousa de todas e todos, debemos esixir o fin dos actos de terrorismo contra as mulleres por parte dos fundamentalistas do patriarcado. 

André Abeledo Fernández, Concelleiro de EU Narón, militante comunista e sindicalista organizado na CIG.

La opinión del autor no coincide necesariamente con la de TerceraInformación

Añadir nuevo comentario

Comentarios

Plain text

  • No se permiten etiquetas HTML.
  • Las direcciones de las páginas web y las de correo se convierten en enlaces automáticamente.
  • Saltos automáticos de líneas y de párrafos.
Al enviar este formulario, usted acepta la política de privacidad de Mollom .