Redacción •  Galicia •  23/02/2024

BDS Galiza: «25 F – Xustiza para Henry»

Dende BDS Galiza apoiamos a convocatoria deste domingo 25 de febreiro de 2024 reclamando xustiza polo asasinato por parte das forzas de seguridade do Estado Español de Henry Casimiro, na Coruña, o día de Nadal.

BDS Galiza: «25 F – Xustiza para Henry»

Comunicado

Sumámonos ás denuncias que están facendo os colectivos antirracistas de Galiza e de todo o Estado Español. Esiximos o esclarecemento dos feitos e a depuración de responsabilidades políticas nun asasinato que, consideramos, é un feito racista. Non podemos obviar que Henry era un home negro cun transtorno psiquiátrico diagnosticado. A resposta da policía foi totalmente desmesurada. A morte dunha persoa nunca debería ser unha opción. Lanzamos esta pregunta para a reflexión: ¿o desenlace sería o mesmo se Henry fose un home branco e europeo?

Dende BDS Galiza condeamos calquer acto racista, dentro ou fóra das nosas fronteiras. Queremos lembrar ademais que, o conflito contra Palestina, ten compoñentes raciais, de etnia e relixión intrínsecos ás violencias que sofren. Asumimos, pois, como propia, a denuncia de calquer asasinato ou agresión racista.

Adxuntamos o manifesto e a nota de prensa preparada polos colectivos convocantes.

Por favor, pregamos difundan a convocatoria. Por xustiza para Henry e para todas aquelas persoas que sofren as violencias estruturais por motivos de raza, etnia, relixión ou procedencia.

Nin un asasinato máis, nin na Palestina, nin na Galiza.


Israel /