BNG

En Marea e BNG piden a comparecencia de Feijóo para explicar o acontencido no festival O Marisquiño

Luís Villares explicou que tanto a petición da comisión de investigación como a da comparecencia do presidente da Xunta no Parlamento de Galicia responden "á gravidade da situación e a inhibición completa que está facendo o goberno autonómico das súas responsabilidades". O voceiro de En Marea sinalou que as palabras do presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Enrique López Veiga, demostran cal é o sistema de funcionamento do goberno do PP e dos cargos nomeados por este. "Non facer caso das necesidades da xente, agachar a cabeza botarlle a culpa aos demais".

Temas: 

En Marea, PSOE e BNG piden a comparecencia do conselleiro de Política Social pola contratación de monitores de verán

En vista das improvisadas solucións de última hora que a Xunta de Galicia se viu na obriga de adoptar para conseguir cubrir as prazas de monitores precisas para os campamentos deste verán 2018, En Marea, PSOE e BNG ven necesario que o titular de Política Social do goberno galego compareza en sede parlamentaria.
 

Lluvia de alegaciones contra el proyecto de reapertura de la mina a cielo abierto de Touro

Salvemos Cabana, por su parte, ha puesto a disposición de todas aquellas personas interesadas un modelo básico de alegaciones al margen de su propio documento de objección, que puede descargarse en ir.gl/alegatouro y entregarse firmado en cualquier registro público hasta el próximo día 4 de octubre, fecha en la que según la nueva normativa termina el período de exposición pública con carácter general.

O BNG presentará unha proposición non de lei para que a Xunta solucione a posición de dominio das grandes empresas editoras e distribuidoras

Como veñen facendo dende fai meses, nesta ocasión cunha concentración diante do Marco, as persoas que traballan nos quioscos denunciaron o abuso monopolístico das empresas editoras e distribuidoras de prensa e revistas, que levan á morte da actividade dos quioscos: unhos cen quioscos pecharon ao non poder vivir da súa actividade.
 

Ana Pontón: "Feijóo fixo un discurso continuista, inmobilista... que deixa a Galiza sen esperanza."

Trala intervención do candidato do PP, Alberto Núñez Feijóo na sesión plenaria de investidura a Presidente do goberno galego, a portavoz do grupo parlamentario do BNG, Ana Pontón afirmou estar ante un discurso “autocomplacente, inmobilista e  sen motivos para esperanza para as persoas que seguen padecendo as graves consecuencias desta crise económica”.

Ana Pontón: “As industrias como Inditex e Citroën deben tributar en Galiza”

A candidata do BNG á Presidencia da Xunta, Ana Pontón afirmou hoxe, no transcurso dun reparto electoral nas inmediacións da factoría  Citroën, que “as industrias que producen en Galiza, como Inditex e Citroën, deben tributar en Galiza”.

Nós, explicou  a candidata nacionalista, “queremos unha facenda galega para que empresas como Inditex ou Citroën tributen no noso país e utilicemos eses recursos para redistribuílos e seren útiles para blindar servizos públicos, crear emprego e mellorar as condicións de vida das galegas e galegos”.

Ana Pontón comprométese a modernizar os servizos ferroviarios galegos para garantir a seguridade e calidade

A candidata á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, empezou o acto de campaña en Ferrol cunhas palabras de lembranza para ás catro vítimas do accidente de Porriño, e trasladou toda a solidariedade ás persoas que hoxe “sofren e choran esa perda terrible”, ademais de desexarlle unha pronta recuperación ás persoas feridas e recoñecer o traballo dos servizos de emerxencia.

Ana Pontón comprométese con SEAGA a rematar coa precariedade do servizo de extinción de incendios

Tras o encontro con representantes da empresa pública SEAGA, a candidata do BNG á presidencia da Xunta, Ana Pontón, trasladou o seu compromiso co fin de rematar coa precariedade do servizos de extinción de incendios e apostou por  “unha nova política forestal” despois do 25 S centrada  na prevención,  uso multifuncional do monte e promoción de  cambios estruturais “que poñan fin ao drama dos incendios”.

Olalla Rodil: “Cando o BNG estivo no goberno da Xunta os libros de texto non se pagaban”

A candidata do BNG ao Parlamento Galego por Lugo, Olalla Rodil, mantivo unha xuntanza con representantes da FAPACEL (Federación de ANPAS de Centros de Ensino Público da provincia de Lugo). Esta xuntanza enmarcase dentro da serie de encontros que a candidata nacionalista está a manter con todos os sectores durante a precampaña para coñecer, de primeira man, as problemáticas que afectan aos diferentes colectivos.

Páginas

Suscribirse a BNG