Redacción •  Galicia •  10/09/2021

Verdes-EQUO Galicia considera que a enerxía eólica «debe ser compatible coa protección da biodiversidade e do territorio»

A formación política ven de aprobar o seu posicionamento «ante a falta de planificación de enerxías renovables» existente a nivel galego.

Verdes-EQUO Galicia considera que a enerxía eólica «debe ser compatible coa protección da biodiversidade e do territorio»

Para Verdes-EQUO Galicia, o maior problema existente na comunidade autónoma «é a avalancha de proxectos de parques éolicos» que «na maoioría dos casos non respectan a contorna rural e natural onde se sitúan».

«Para que as renovables protexan non só o clima senon tamén a biodiversidade, e ademáis sexa un vector de desenvolvemento territorial xusto e sostible, e de empregos verdes, necesitamos tres ingredientes básicos: participación social, un novo modelo enerxético máis eficiente e que consuma menos, e unha correcta planificación estratéxica e territorial para as renovables» -sinalan dende o partido ecoloxista.

Para o grupo «é fudamental que a imprescindible implantación das renovables sexa socialmente aceptada, ambientalmente sostible e territorialmente proveitosa para todos e todas«.