Esquerda Unida

O escrito da Fiscalía de Lugo deixa en evidencia a existencia dunha xustiza patriarcal de índole machista

O coñecemento do escrito da fiscalía de Lugo en referencia á causa xudicial máis extensa de Galicia, a Operación Carioca, no relativo ao prostíbulo Club Liverpool de Lugo, “deixa en evidencia a existencia dunha xustiza patriarcal de índole machista e a falta de formación ás e aos profesionais que a exercen, cuestión que temos reclamado na comisión de igualdade do Parlamento de Galicia, tal como veñen demandando os colectivos que traballan con mulleres vítimas de trata e explotación sexual e coas vítimas de violencia de xénero” manifesta a Coordinadora nacional de EU Eva So

Esquerda Unida acusa ao PP de desinformar e ter unha actitude de total desinterese sobre o problema do lindano presente no Porriño

Esquerda Unida denuncia o abandono e desleixo, por parte do Goberno galego, fronte á catástrofe ecolóxica e sanitaria derivada da contaminación continuada de lindano, durante máis de 50 anos, na comarca de O Porriño. Esta preocupante actitude de desinterese é a que agora vén de corroborar a Valedora do Pobo que comunicou a EU-Son O Porriño que, ata o momento, nin a Xunta de Galicia nin o Concello lle facilitaron a documentación requirida sobre os informes de contaminación por lindano solicitados “a pesar de ser a súa obriga”.

Esquerda Unida denuncia neste comezo de 2018 o mantemento da precariedade laboral e a cronicidade da pobreza en Galicia

Segundo os datos do Ministerio de Emprego, o número de persoas desempregadas en Galicia é de 185.013, unha cifra algo menor que nos últimos anos (un descenso do 1,16 por cento) e, tal e como lembra Eva Solla, “son datos que non poden venderse en positivo, é máis, só ocultan a verdadeira problemática do debilitado mercado laboral. En Galicia, a maior parte do emprego novo que se crea é precario.

Eva Solla denuncia a falta de previsión da Xunta de Galicia ante os colapsos nas urxencias

Compostela, 14 de decembro de 2017. A coordinadora nacional de Esquerda Unida vén de denunciar que “a planificación da Consellería de Sanidade brilla pola súa ausencia ante a vaga de gripe, previsible nesta época do ano e que está a colapsar as urxencias do noso país”.

Esquerda Unida insta á Xunta a esixir unha tarificación por consumo real de auga

Compostela, 28 de novembro de 2017. Rubén Pérez, secretario de Organización de Esquerda Unida, vén de expoñer esta mañá nunha rolda de prensa en Compostela as medidas que debería poñer en práctica as administracións para garantir o subministro de auga nos concellos, unhas medidas que “neste momento se están a tomar pola vía de urxencia, xa que non había ningún tipo de previsión”, apunta.

Esquerda Unida presenta a campaña “Cambia de Bando” na que anima á migración do modelo enerxético do oligopolio a outro baseado na economía social

Compostela, 16 de novembro de 2017. Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida e vicepresidenta do Parlamento de Galicia, e Guillermo Crego, membro da dirección de Esquerda Unida e responsable de Estratexias para o Conflito, veñen de presentar esta mañá en rolda de prensa a campaña “Cambia de Bando”, que ten como obxectivo animar á cidadanía a abandonar os oligopolios eléctricos en beneficio da contratación de cooperativas que usen enerxía 100% renovable baseada na economía social.

Esquerda Unida lanza duras críticas contra Somos Fene e traballará para que a moción non vaia adiante

Maricarmen Martínez lembrou que “dende Esquerda Unida xa manifestamos, en todo momento, o noso total rexeitamento ás formas de facer política de Somos Fene, polo que agora non nos sorprende o que fixo: presentar unha moción de censura conxuntamente co Partido Popular”. Segundo explicou, esta actuación irresponsable é o resultado de antepor intereses partidistas aos intereses dunha veciñanza “que non merece uns representantes de tan baixa calidade moral”.

Esquerda Unida considera que o “terrorismo incendiario” de Feijóo é non ter unha política de prevención efectiva de lumes

Para a coordinadora nacional de Esquerda Unida, a falta dunha política de prevención efectiva no dispositivo de incendios, a improvisación, a ausencia de medios materiais suficientes e a precarización dos servizos están a provocar que nestes días Galicia semellara o inferno. Mentres isto está a ocorrer, Feijóo bota balóns fóra, concretamente a Portugal e tamén ao que el chama “o terrorismo incendiario”, cando non hai máis “terrorismo incendiario” que non ter políticas activas en materia de extinción de incendios.

Esquerda Unida rexeita a custodia compartida imposta, todo un retroceso nos avances e dereitos acadados polas mulleres

Este vindeiro martes, no pleno do Parlamento de Galicia, debátese a Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) sobre corresponsabilidade coa intención, por parte dalgúns grupos parlamentares, de converter a custodia compartida imposta nunha medida habitual e xeneralizada.

Esquerda Unida denuncia á Fundación Francisco Franco pola negación de delitos de lesa humanidade e enaltecemento da figura do ditador

“Tal e como anunciamos o 11 de setembro en rolda de prensa, e despois de telo consultado cos nosos servizos xurídicos, vimos de denunciar na Fiscalía á Fundación Francisco Franco por delitos de odio e pola negación de crimes de lesa humanidade do franquismo, todo nun marco actual onde o goberno central está a permitir que se sigan a organizar actos de exaltación do fascismo”, explica Solla.

Páginas

Suscribirse a Esquerda Unida