Eva Solla

Esquerda Unida apoia a folga dos Puntos de Atención Continuada contra a precariedade que sufre o persoal sanitario

Tal e como explica a coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla, “o persoal dos PAC leva moito tempo denunciando as condicións de precariedade nas que se ven obrigadas a desenvolver o seu traballo. As carencias de persoal estruturais das urxencias de atención primaria fai que moitos centros permanezan cun só equipo de traballo (profesional medicina/profesional enfermaría) que ten que encargarse de atender consultas, domicilios e saídas nas ambulancias do 061”. É precisamente esa realidade do día a día o que fai que, en ocasións, os centros estean desprovistos de profesionais.

Eva Solla esixe ao Goberno da Xunta que retire os expedientes do persoal auxiliar de enfermería de Vigo

“As e os profesionais dun hospital como o vigués teñen dabondo que facer sen ter que cubrir as deficiencias dun servizo contratado a unha concesionaria”, dixo Solla, polo que “dende En Marea apoiamos as mobilizacións das traballadoras do Cunqueiro e pedimos que o Sergas atenda aos seus deberes, en lugar de deixarse facer pola empresa concesionaria do servizo”.
 

Pablo Sapag, Eva Solla e Javier Couso debaten en Vigo sobre a situación de Siria dentro do contexto de Oriente Medio na conferencia: “Siria en perspectiva”

“Debemos sentirnos orgullosas de ser unha organización que sempre apostou pola paz nestes conflitos, como pasou en Irak, Libia e agora Siria, conflitos caracterizados pola desinformación e a propaganda que rodean ás guerras imperialistas”, di Solla, que destaca que “a única maneira de acadar a paz e a estabilidade é dende o diálogo, tal e como recoñecen as Nacións Unidas na súa Resolución do ano 2015”, indica a coordinadora nacional de Esquerda Unida e Secretaria Xeral do Partido Comunista de Galicia.

Carlos Sánchez Mato, Eva Solla, Manuel Lago e Albino Prada debaten na Coruña sobre un modelo de financiación que asegure un sistema de pensións sostible

Carlos Sánchez Mato, Responsable de Políticas Económicas de IU, destaca que as políticas neoliberais que nos desgobernan son as que fan que as rentas máis altas saian beneficiadas. “O problema da financiación é que, da tarta (un 9,9% do PIB), cada vez se reparte algo menos para pensións: é un problema de vontade política e, a deriva vai ser a máis”, apunta. “O Ministerio de Facenda pon limitacións arbitrarias que cuestionan os gobernos que non son da súa corda. O conselleiro de Facenda de Galicia fai cadrar as contas coa estratexia dos recortes”.

Carlos Sánchez Mato, Eva Solla, Albino Prada e Manuel Lago imparten na Coruña a conferencia: “Reformular o financiamento do Estado: como garantir as pensións públicas”

Este acto contará coa presenza de Carlos Sánchez Mato, economista e responsable de Políticas Económicas de IU; Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida e deputada de En Marea; Albino Prada, economista e profesor da UVIGO e Manuel Lago, economista e deputado de En Marea.

Conferencia: “Reformular o financiamento do estado: como garantir as pensións públicas”

Hora: 20 horas.

Data: Mércores, 18 de abril.

Eva Solla presenta a charla: “Lindano, que facemos dende o Parlamento Europeo”, que contará coa presenza da Eurodeputada de Izquierda Unida Paloma López

Compostela, 19 de marzo de 2018. Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida, vén de presentar en rolda de prensa o acto que a organización levará a cabo este venres 23 en O Porriño, que contará coa participación da eurodeputada do Parlamento Europeo por Izquierda Unida, Paloma López, co concelleiro de EU Son Porriño, Pedro Ocampo, ademais de coa participación da propia Solla.

Eva Solla presenta unha lei para recuperar os dereitos das/os empregadas/os públicos que o PP rexeita

No ano 2012 a Xunta de Galicia adoptou unha serie de medidas aproveitando a situación de crise e imposición restritivas do Ministerio e UE que retiraban dereitos non só a nivel salarial, senón tamén descanso e negociación colectiva. “Seis anos despois é hora xa de devolver o que se lle quitou ás traballadoras e traballadores públicos en sacrificio pola crise”, asegurou Eva Solla.

Eva Solla e Manuel Lago presentan o coloquio que terá lugar en Vigo sobre un novo reparto de financiación

Compostela, 12 de febreiro de 2018. Eva Solla, coordinadora de Esquerda Unida, e Manuel Lago, deputado de En Marea, veñen de presentar esta mañá en rolda de prensa o coloquio “Reformular o Estado: Por un novo reparto da financiación”, que terá lugar o vindeiro xoves 15 de febreiro, en Vigo.

Eva Solla: “O PP aproba en solitario a reforma da Lei de Saúde de Galicia sen escoitar ás e aos milleiros de manifestantes que saíron ás rúas”

“O que presentan é unha contrarreforma a unha lei que foi pisoteada e cambiada por vostedes en multiples ocasións, pois nunca respectaron os principios contidos no texto”, sinalou Solla, para quen despois de todos estes meses de debate, o PP debería retirar esta lei, atendendo a todas as emendas de devolución. “Pero non só segundo os partidos políticos, tamén pídenllo a totalidade dos axentes soiais e os milleiros de persoas que esixiron e clamaron para que retiraran esta lei, pero seguen facendo oídos xordos”, relatou Solla.
 

Páginas

Suscribirse a Eva Solla