Redacción •  Galicia •  02/10/2018

Esquerda Unida esixe que se exclúa da Feria viguesa de Conxemar á empresa marroquí que saquea os recursos saharauís

Sumámonos ás demandas da Delegación Saharauí en Galicia e Sogaps e reiteramos que Atlas Pelagic é cómplice do espolio ao pobo saharauí.

Esquerda Unida esixe que se exclúa da Feria viguesa de Conxemar á empresa marroquí que saquea os recursos saharauís

Esquerda Unida únese ás demandas da Delegación Saharauí en Galicia e Sogaps e esixe aos organizadores e patrocinadores da Feira de Produtos Conxelados de Vigo Conxemar que impida a participación da empresa Atlas Pelagic, con sede na cidade saharauí de Dajla, en dito evento xa que, tal e como explican no comunicado, a empresa se dedica ao saqueo dos recursos naturais do Sáhara Occidental, o que significa “unha violación das sentencias do Tribunal de Xustiza Europeo, que ten expresado a consideración de que o Sáhara Occidental non é un territorio suxeito á soberanía de Marrocos”.

Dende Esquerda Unida sumámonos a esta denuncia, xa que a actividade deste empresa vai en contra das normas do dereito europeo e internacional. E non só iso, as empresas que comercian con produtos do Sáhara Occidental convértense en cómplices da ocupación militar ilexítima ao participar do espolio ao pobo saharauí.

Dende Esquerda Unida denunciamos a actuación antidemocrática de Marrocos, así como a constante violación de dereitos humanos respecto ao trato ao seu veciño Sáhara Occidental. Por iso, reiteramos o noso compromiso a prol dun Sáhara libre.


Esquerda Unida /  Sahara Occidental /