André Abeledo Fernández •  Opinión •  31/01/2022

A igrexa católica nos rouba a tódolos gobernos fan a vista gorda

Van a devolver máis de 1000 vens dun listado de 35000. ¿E temos que dar as grazas por iso?. ¿Que pasa cos outros 34000?.
En total son uns 100000 vens roubados de toda índole, dende mezquitas, ata terreos, pisos, casas, igrexas, cemiterios, edificios e suma e segue.
A igrexa ten roubado, ten usurpado, ten mentido e todo iso non é moi cristiano.
A igrexa católica é a maior inmobiliaria de España, vergoñentamente.
Usurpación indebida se lle chama a este roubo perpetrado grazas ao goberno, moi especialmente ao goberno de Aznar que converteu aos Obispos en rexistradores da propiedade que usaron ese poder para enriquecerse.
Unha igrexa católica española que non paga IBI como o temos que facer todos os cidadáns, saelle de gratis ha manter e ampliar o seu patrimonio a base de «roubos legais».
Unha igrexa católica que ten posto ao seu nome mezquitas, catedrais e igrexas que son patrimonio de todos, patrimonio da humanidade, que ademáis seguimos mantendo entre todas e todos estos edificios históricos roubados pola igrexa, posto que o seu mantemento corre a conta do Estado.
É hora de que o Estado decida exercer de laico e que de unha vez por todas a separación entre o Estado e a igrexa sexa real.
Xa basta de que o dito «coa igrexa hemos topado» este de actualidade en canto ao seu poder político e a súa su impunidade xudicial.

Opinión /