indulto

CIG, CCOO e UGT mobilizaranse diante da Subdelegación do Goberno de Pontevedra

Un mes mais nas escaleiras do MARCO, en Vigo, voltouse a pedir o mesmo que dende fai anos xa: "Carlos, Serafín, ¡indulto xa!" o pasado xoves 19 de outubro
 
Os dous traballadores condenados a penas de prisión por participaren nunha folga contan co apoio dos tres sindicatos maioritarios da Galiza, CIG, CCOO e UGT, que de xeito unitario veñen mobilizándose xunto con máis xente para esixir o que é de xustiza: que Carlos e Serafin sexan indultados porque defender os dereitos da clase traballadora non pode ser delito.
 

Concentración para pedir o indulto de Carlos e Serafín

Ao remate da concentración, na que se pediu "Carlos, Serafín ¡Indulto xa!" a Secretaria Comarcal de CCOO interviu en nome de todos para por de manifesto a calaña do "goberno, do seu partido e das súas élites" en referencia a corrupción que afecta ate "ao fiscal anticorrupción e ao fiscal xeral do Estado" que están a ser sinalados porque "maniobraron para torpedear a operación Lezo". "Sufrir este tufo pestilente a corrupción e a cloaca diste país e observar que aquí ninguén dimite e aquí non pasa nada é indignante" remachou Amelia Pérez.
 

CIG, CCOO e UGT piden reunirse de inmediato ca Subdelegada do Goberno en Pontevedra para esixir o indulto de Carlos e Serafín

Outra vez a unión dos sindicatos maioritarios pediu o indulto para Carlos e Serafín. Son case tres anos de silencio do Goberno, en mans do PP todo o tempo, que se nega a indultar a dous traballadores. Como recordou o secretario comarcal da CIG, Alberto Gonçalves, na súa intervención "o único que nos sigue obrigando a continuar na rúa mes tras é o de exisir xustiza para estes dous compañerios e rematar co ensañamento do que son vítimas": condenados a tres anos de prisión por ter exercido o dereito fundamental á folga para reclamar mellores condicións laborais e salariais.
Suscribirse a indulto