André Abeledo Fernández •  Opinión •  02/02/2021

O dono do teu muro no Facebook chamase Mark Elliot Zuckerberg

Dende fai casi duas semanas Facebook mantén inabilitada a miña conta baixo a escusa de ter compartido algo inapropiado, non teño claro a que poden referirse. Teño solicitado a revisión e enviado a documentación que solicitan pero continuo coa conta «secuestrada» polo seu «dono».

Queda claro que a miña conta non é miña, sinon dunha empresa privada chamada Facebook que decide si podo seguir usandoa e que contidos podo compartir.
Esta experiencia persoal, non é a primeira vez que me pasa nin vai ser a última supoño e o meu caso é tan só un de tantos, pero sirveme como exemplo práctico do que pretendo explicar.
O verdadeiro dono do meu suposto muro en Facebook chamase Mark Elliot Zuckerberg e forma parte da élite que goberna o mundo sin presentarse a unhas eleccións. 
Non existe liberdade de prensa pero tampouco nas redes sociais, non nos enganemos as redes sociais non son un medio alternativo, pois teñen os mesmos amos que os medios «clásicos».
Por ese motivo é tan importante que existan medios e axencias de información independientes que nos ofrezan outros puntos de vista e tambén unha información veraz.
Unha contrainformación necesaria contra a desinformación interesada dos oligopolios que controlan dende xornais, ata canles de televisión, radios, axencias de noticias, editoriais e que tamén son donos dss redes sociais.
Contar a verdade é un acto revolucionario, informar tamén o é na sociedade dos bulos, as medias verdades e as mentiras.
Facebook, Instagram, Twitter, Tik Tok, non deixan de ser empresas que son propiedade de grandes multinacionais e de millonarios cuns intereses determinados.

Falan de liberdades como a de “pensamento ” e «opinión». Tentan convencernos de que esixte no sistema capitalista porque segundo eles un pode pensar e decir o que queira.

Pero non é así, porque ninguén te escoita e todo queda nun inútil dereito ao patalexo, ou ben a túa voz é apagada mediante a violencia das leis ou da represión do Estado, leis como a chamada “lei mordaza” que criminaliza a protesta son unha proba palpable.

Falan da “liberdade de prensa”, porque calquera millonario ou multinacional poden ter un canle de televisión ou un xornal ao seu servizo, ao servizo do pensamento único.

Ditos medios propiedade da oligarquía teñen patente de corso para mentir, difamar e ocultar a verdade. Sendo realmente ferramentas para desinformar as masas, para confundir a clase obreira.

Son moi poucos os medios de comunicación que se atreven a publicar este tipo de artículos, ou que non están ao servizo do amo que pon o diñeiro e decide la liña editorial.

É preciso que sigan existindo para poder seguir informados.

André Abeledo Fernández (Delegado da CIG no comité de empresa de Mercadona na Provincia de A Coruña).


Opinión /