André Abeledo Fernández •  Opinión •  25/10/2022

Un pobo loitando contra muíños e multinacionais. Galiza non se vende

Os veciños que estamos loitando contra os mega proxectos eólicos que ameazan ao noso rural, non estamos en contra das enerxías renovables, somos xente consciente das necesidades enerxéticas, pero tamén de que as multinacionais do sector solo buscan el mayor beneficio posible sin importar os custes a nivel sociedade no presente e no futuro de Galiza. 

Son un veciño de Anca, unha aldea de Neda, que xunto a outros veciños cercanos a Ferrol está loitando contra o mega proxecto do parque eólico de Cabeiro. 

Vivimos no que para nós é un auténtico paraíso, unha aldea tranquila, cun entorno natural envidiable e ben comunicada. 

Supoño que esa boa comunicación é un dos motivos de que unha gran multinacional pretenda plantar un mega proxecto eólico e destruir o noso entorno, para eles reducir custes é unha prioridade, as persoas non importan.

Non estamos en contra da enerxía eólica, pero sí de que se busque o mínimo custe e o maior beneficio.

Vivimos agora coa espada de Damocles sobre as nosas cabezas dun proxecto que nos ameaza, y que si se leva a cabo vai a transformar aa nosas vidas para mal, a destruir o noso entorno, as nosas paisaxes e a deixarnos sen futuro.

Cando se enchen a boca con afincar poboación no rural minten, falan por falar, porque estos proxectos salvaxes van a destruir o futuro do noso rural.

Cando falan de soberanía alimentaria, tamén minten, falan por falar, porque ou apostas polo rural e a agricultura ou non haberá xamais soberanía. 

O que sí viviremos é a destrucción dos nosos paisaxes, do noso xeito de vida, efectos sobre a nosa saúde, sobre a flora e a fauna, as mega obras afectarán aos nosos acuíferos, a nosa terra será destruida para que os ricos sexan máis ricos.

Sen dubida as últimas leis teñen simplificado os trámites para estos mega proxectos e non se está estudando ben o seu impacto. O Goberno de Madrid e o de Santiago de Compostela, o progresista e o conservador, postos ao servizo do capital. 

Estos proxectos van a facer imposible que aquí se volva a traballar no campo, as viviendas perden valor e terá moita xente que non quera vivir perto dun parque eólico, con muíños de 200 metros de altura moi preto de viviendas e destruíndo paisaxes privilexiados.

As empresas lanzanse como buitres a polas axudas europeas, e non pensan nas vidas dos veciños, que en moitos casos son de idade avanzada, e poucos, e non o poden defenderse.

A guerra da Ucraína non pode ser a disculpa de mal pagador para destruir o rural galego e hipotecar o futuro dos nosos fillos. 


Opinión /