Operación Carioca

Esquerda Unida insta de novo ao Concello de Lugo e a Xunta de Galicia a presentarse como acusación popular no ‘Caso Carioca’

Compostela, 12 de decembro de 2018. Ante as novas sobre o ‘Caso Carioca’ de que todos os policías involucrados na causa quedan exonerados de responsabilidade penal por “delito algún relacionado coa prostitución, o de calquera outro ilícito penal”, Esquerda Unida reitera de novo que o sistema xudicial patriarcal e machista segue sen protexer ás mulleres (algunhas menores) vítimas de trata e en situación de pobreza extrema.

Esquerda Unida denuncia o abandono da Fiscalía ás mulleres vítimas de trata co arquivo dunha parte da ‘Operación Carioca’

A responsable da Área de Muller de Esquerda Unida, Raquel Bernárdez critica, dunha banda, “o abandono da Fiscalía a mulleres vítimas de trata en situación de vulnerabilidade” e, doutra banda, “a inacción por parte do Concello de Lugo e a Xunta de Galicia, que deciden non presentarse como acusación particular”, unha medida contemplada no artigo 125 da Constitución Española.

Suscribirse a Operación Carioca