Redacción •  Galicia •  20/06/2022

Gómez Reino: “Non imos parar ata que a Casa Cornide volva para os galegos e as galegas como vimos co Pazo de Meirás”

Galicia en Común rexistrou unha iniciativa no Congreso dos Deputados sobre a recuperación para o patrimonio público da Casa Cornide, actualmente en mans da Familia Franco, tras a resposta do Goberno na que informaba que non se iniciaron os expedientes de recuperación patrimonial do inmoble.

Gómez Reino: “Non imos parar ata que a Casa Cornide volva para os galegos e as galegas como vimos co Pazo de Meirás”

“Lemos con total sorpresa e estupefacción esta noticia do Ministerio de Facenda. Os Franco seguen sendo donos da Casa Cornide e non vemos moito ímpeto do Concello da Coruña por presionar para recuperar a súa debida titularidade pública”, alegou o deputado de Galicia en Común, Antón Gómez Reino.

Neste sentido o grupo parlamentario rexistrou unha batería de preguntas ao Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Memoria Democrática para coñecer, no marco das súas competencias, as actuacións e medidas que prevé realizar para dar cumprimento á  PNL relativa á recuperación da Casa Cornide, presentada por esta formación e aprobada fai xa máis dun ano.

“Non imos parar ata que a Casa Cornide volva para os galegos e as galegas como vimos co Pazo de Meirás”, sinala Gómez Reino. “A historia xurídico-patrimonial da Casa Cornide é gravísima, cunha presunta ilegalidade nos procesos de permuta, poxa pública e venda. É unha vergoña, unha inxustiza para a sociedade galega e non imos quedarnos cos brazos cruzados. Dende os Gobernos debería facerse todo o posible para avanzar no proceso de recuperación da Casa Cornide e dar así cumprimento á Lei de Memoria Histórica.”

Podes ver aquí a nosa iniciativa


Casa Cornide /  Galicia en Común /