Redacción •  Galicia •  11/02/2021

Sira Rego solicita no Parlamento Europeo xuntanza urxente cos Comisarios europeos ante o peche das factorías de Siemens-Gamesa

Hai uns días a eurodeputada e voceira de IU Sira Rego, xunto coa coordinadora nacional de EU Eva Solla e o coordinador de IU en Castela a Mancha, mantiveron unha xuntanza telemática co comité de empresa de Siemens-Gamesa para abordar a situación de ERE na que se atopan as dúas plantas da factoría ubicadas nas Somozas e en Cuenca.

Sira Rego solicita no Parlamento Europeo xuntanza urxente cos Comisarios europeos ante o peche das factorías de Siemens-Gamesa

Compostela, 11 de febreiro de 2021. Tras a xuntanza, a eurodeputada Sira Rego, solicitou unha xuntanza urxente cos comisarios europeos,  Frans  Timmermans, responsable do Pacto Verde Europeo, e  Nicolas  Schmit, na carteira de Emprego e Dereitos Sociais, para tratar o peche das dúas factorías.

Nesta solicitude, a eurodeputada tamén trasladou a súa preocupación ante “as noticias recibidas por parte do comité de empresa das factorías de  Siemens- Gamesa”, xa que “se enfrontan á presentación dun Expediente de Regulación de Emprego (ERE) que afectará de maneira directa a 266 traballadores”.

Ademais sinala que este anuncio chega cando “se anunciou por parte do Banco Europeo de Investimentos un préstamo de 300 millóns de euros para o plan de innovación 2020-2023 da empresa”.

A xuízo de Rego “é difícil de entender que, en pleno compromiso europeo polas enerxías renovables co Pacto Verde Europeo ou coas estratexias de economía circular,  Siemens- Gamesa decida pechar dúas factorías en España”.

Segundo sinala a eurodeputada este peche “esconde en realidade unha deslocalización a Portugal, onde rebaixará custos laborais e producirá máis barato”.


EREs /