O subdelegado do Goberno mostra disposición a elevar a demanda sobre o símbolo falanxista de Celanova á Secretaría de Estado de Memoria
Emilio González Alonso recibiu esta mañá a unha representación do Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova, que lle fixeron entrega do informe histórico sobre o símbolo falanxista de Celanova.
![O subdelegado do Goberno mostra disposición a elevar a demanda sobre o símbolo falanxista de Celanova á Secretaría de Estado de Memoria](https://www.tercerainformacion.es/wp-content/uploads/2021/05/O-subdelegado-Emilio-Gonzalez-a-dereita-cos-membros-do-Comite-este-martes-en-Ourense-950x0-c-default.jpeg)
O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso, recibiu esta mañá na sede da Subdelegación a unha representación do Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova. A reunión serviu para que o Comité detallase a demanda de aplicación da Ley de Memoria Histórica de 2007 sobre o símbolo falanxista situado no Outeiro da Obra, en Celanova.
O Comité fixo entrega do informe no que se documenta por primeira vez o carácter de simboloxía fascista dese monumento, e o subdelegado comprometeuse a que sería revisado polo seu gabinete xurídico, así como toda a nova información ao respecto que poida ir achegando o Comité. Tamén avanzou que, de ser pertinente, elevará unha consulta á Secretaría de Estado de Memoria Democrática que dirixe Fernando Martínez López e que se integra no Ministerio de la Presidencia, Relaciones con las Cortes y Memoria Democrática.
González Afonso tamén se comprometeu a facilitar o Comité todo o apoio que poida nas novas liñas de traballo abertas, empezando pola investigación sobre a foxa común na que poderían estar soterrados os 7 últimos presos fusilados dos que hai constancia no cárcere de Celanova en 1939 e na procura de familiares destas vítimas.
Celanova, 4 de maio de 2021.
Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova