Ernesto Ilkermn - Roberto Solano •  Galicia •  25/02/2017

Redondela condena a violencia contra a muller nunha manifestación na semana que asasinaron a Sesé

Centos de persoas dan o seu apoio ao entorno de Sesé, veciña de Redondela asesinada polo ex- o pasado luns. 

Redondela condena a violencia contra a muller nunha manifestación na semana que asasinaron a Sesé
As e os veciños e a corporación municipal amosaron o seu rexeitamento a violencia contra a muller nunha manifestación este venres na que ademáis se solidarizaron cas vítimas e en especial ca familia e achegados de Sesé, veciña do concello de Redondela e asesinada polo seu ex- Emilio Fernández Castro que volou a casa onde no seu día viviran o pasado luns.
 
Na manifestación, ademáis da pancarta principal, as e os alumnos do IES de Chapela levaron unha contra o feminicidio: no que vai de ano 16 mulleres foron asasinadas polos seus maridos, parellas ou ex-.
 
Ao remate da manifestación gardouse un minuto de silencio, tras o que a concelleira de Muller e Igualdade, Teresa París, leu o manifesto de repulsa a violencia de xénero e de solidariedade cas familias afectadas por esta lacra aprobado no pleno municipal.
 
 
Nel condénase o asasinato de María José Mateo e faise un chamamento á concienciación social e a mobilización das diferentes administracións públicas para que vaian máis alá da simple prevención. É urxente tomar outras medidas para rematar con estas «conductas vergoñentas e intolerabeis que acaban a miudo en actos inxustificables, crueis e cobardes». 
 
Efectivamente, ademáis dos asasinatos, hai unha serie de malos tratos psicolóxicos, físicos e ate violacións e agresións sexuais que delatan ao agresor. É o momento de chamar ao 016, número gratuito que ademais non deixa rastro na factura. Pode ser a propia vítima a que chame, pero tamén quen teña coñecemento desas situacións ten nas súas mans salvar vidas.
 
O pleno municipal decretou dous días de luto e suspendeu tódolos actos culturais e eventos organizados polo Concello de Redondela para o venres 24 e o sábado 25 de febreiro.
 
 

 


feminismo /  machismo /  Violencia de Género /