¿Aínda crees que non fai falla o feminismo?
As mulleres da Coordinadora de Vigo da Marcha Mundial das Mulleres están a facer unha enquisa a cidadanía, achegándonse á rúa do Príncipe o 6, e ao Calvario o 7 de marzo, ás 18:00 horas, para ver de conseguir concluir o moito que se precisa do femenismo.
Estamos nun tempo no que na sociedade se creou a falsa percepción de que a muller acadou todos os dereitos precisos, continuamente escoitamos “xa o tedes todo, de que vos queixades”, “o feminismo é como o machismo”; tamén “eu non son feminista, só estou a favor da igualdade” e «¿que outro feminismo hai que non sexa o que persigue a igualdade?» Fronte a este espellismo, moitas mulleres seguen a loitar porque a igualdade non sexa unha palabra decorativa, senón que chegue a ser unha realidade.
As mulleres hoxe en día poden votar, poden ter propiedades ao seu nome, divorciarse…etc. Isto non é algo tan remoto, as súas avoas non podían. Pero non as agasallaron con estes dereitos; todos foron produto de moitos anos de loita feminista, do traballo de mulleres valentes e decididas. A sociedade daquel momento tamén consideraba que o feminismo non era preciso, que o papel das mulleres era o que lles correspondía. Neste tempo, igual que no das nosas avoas, hai que seguir reivindicando o que corresponde.
Seguen tendo medo ao pasear pola noite na rúa, xa que no estado español unha muller é violada cada 8 horas, segundo datos do ministerio de interior. Todas as mulleres sufren algún tipo de acoso sexual ao longo da sua vida. Isto é tan cotiá que se normaliza.
Seguen sufrindo malos tratos no fogar, presentan 353 denuncias ao día e en moitos máis casos non chegan a denunciar e sufren en silencio. Só un 0.4% destas denuncias son falsas, segundo datos do CGPJ, pero son cuestionadas cando as presentamos. Seguen a ser asasinadas. As cifras son terribles: 57 no 2016. Din que denunciemos ao noso agresor, mais desas 57 vítimas, case a metade fixeran esta denuncia ¿Onde está pois esa protección que se supón lles garanten?
O seu traballo segue a ser “de segunda”. A presenza de mulleres é maior que a dos homes na universidade, pero os homes teñen moita máis facilidade para obter un traballo con ese nivel de titulación. Ademais elas teñen un volume moito maior de paro, cunha diferencia de 12 puntos respecto ós homes, con traballos máis precarios e cunha brecha salarial entre sexos do 24%.
No mundo, un 70% das persoas que se atopan en situación de pobreza extrema son mulleres. Sen embargo els son as que sosteñen a economía doméstica en todo o mundo e as que se ocupan dos coidados no ámbito familiar. Este traballo non é remunerado e sempre é menosprezado, mais sen esta labor o mundo non podería seguir funcionando. A pesar da loita por compartir o peso das tarefas domésticas e traballo no fogar, as mulleres seguen a empregar o dobre de horas que os homes.
A lista da desigualdade é moi longa, demasiado longa. E a pesar disto, a súa é unha reivindicación que se ridiculiza e que se considera secundaria. Mais, con todo isto preguntan: ¿Aínda crees que non fai falla o feminismo?