Redacción •  Galicia •  09/02/2022

Comenza a recollida de sinaturas para sacar adiante unha ILP que protexa o monte comunal a nivel galego

A Organización Galega de Comunidades de Montes iniciará na súa asemblea do 19 de febreiro a campaña de recollida de sinaturas que avalen a ILP recién rexistrada no Parlamento de Galicia.

Comenza a recollida de  sinaturas para sacar adiante unha ILP que protexa o monte comunal a nivel galego

A ORGACCMM celebrará o vindeiro sábado, 19 de febreiro, no concello de Guitiriz, a súa asemblea xeral. Na asemblea se presentará a campaña para recabar as 10.000 sinaturas necesarias para avalar a Inciativa Lexislativa Popular rexistrada recentemente pola organización na Cámara galega.

A entidade pretende con esta proposta de lei contrarrestar os cambios normativos impulsados polo Partido Popular para permitir privatizar os montes veciñais en man común, para entregarllos ás empresas forestais e madereiras.

O texto da proposta de lei de montes veciñais foi elaborada en asembleas de comunidades de montes celebradas en todas as zonas de Galicia. Xurde das propias comunidades de montes e reflicte o seu sentir. Os principios fundamentais que motivan a presentación desta ILP son o reforzamento do carácter xermánico (comunal) dos montes veciñais, a mellora do funcionamento asembleario e democráticos das comunidades de montes, o recoñecemento da titularidade veciñal como unha mais e distinta das titularidades públicas e privadas, acadar un monte veciñal multifuncional e sustentable, e unha fiscalidade axeitada a figura e as funcións dos montes veciñais.


ORGACCMM /  Organización Galega de Comunidades de Montes /  Parlamento de Galicia /  Partido Popular /  PP /  PPdeG /