Redacción •  Galicia •  12/05/2022

Eva Solla cualifica de insulsa e pobre a intervención de Rueda e táchao de sucedaneo de Feijóo

A coordinadora de Esquerda Unida, Eva Solla cualifica de insulsa e pobre a proposta política de Rueda, cualificándoo como sucedaneo de Feijóo.

Eva Solla cualifica de insulsa e pobre a intervención de Rueda e táchao de sucedaneo de Feijóo

Así para Solla“as propostas debulladas por Alfonso Rueda non representan avance nin novidade algunha ou mellora política e redundan nas mesmas lineas que levaron a Galicia á situación de empobrecemento actual”. Sinala ademais, a coordinadora de EU que “é moi preocupante que se siga incidindo no maior empobrecemento de galegas e galegas como consecuencia das baixadas de impostos” xa que para Solla “unha maior baixada de impostos nos termos explicados por Rueda significará unha menor capacidade de investir en emprego e servizos públicos.”

Baixada de impostos regresiva.

Incidinnto nunha das lineas mestras do plan de baixada de impostos de Rueda, Eva Solla cualifica como regresiva, dita baixada, “xa que se baixan os mesmos impostos a rendas altas e baixas” e que se houbese intención de cambio algún, “presentaríaseunha reforma fiscal que significase gravar máis as rendas do capital e aos que teñen maior capacidade económica e de patrimonio”. Como consecuencia de todo o exposto Solla cualifica de “previsible” a intervención e as lineas de actuación do próximo goberno de Rueda, e que define como unha mala noticia para todas as galegas e galegos.” 


Esquerda Unida /