Galicia En Común pide o fin da industria peleteira
Galicia En Común asinou este mércores unha Iniciativa Cidadá Europea para terminar coa industria peleteira do noso país.
En Galicia concéntranse o 85% do total das granxas de visóns do Estado español e durante a crise sanitaria sacrificáronse unha multitude de animais por contaxios masivos de coronavirus.
O deputado de Galicia En Común e coordinador de Podemos Galicia, Antón Gómez Reino, pediu apoiar esta iniciativa para poñer fin aos malos tratos animais. «Queremos unha Europa libre de peles. O impacto ambiental destas granxas é enorme así como o uso de produtos tóxicos para o seu tinguido. Como dixemos moitas veces nestes últimos anos ante o incremento de granxas en Galicia, a industria peleteira supón un risco para a saúde pública e para os animais», alega.
«Queremos animais libres e respectados, e engaiolalos para estes fins vai en contra de toda ética».
Podes asinar aquí a iniciativa.