NAVANTIA pode e debe volver a ser o motor da nosa comarca
André Abeledo e o Secretario de Organización de EU Narón e Delegado do Comité de Empresa de Navantia Roberto Villasuso xunto con outros compañeiros de Navantia e de EU reuníronse nunha mesa de traballo sobre o sector Naval na nosa comarca e a importancia que este sector ten para Narón e como non para os seus polígonos industriais.
Abeledo remarca que “o naval é un sector en alza a nivel mundial, precisamos da vontade política necesaria para que os nosos estaleiros volvan a funcionar a pleno rendemento”, indicou que “non é só que os empregos directos que pode xerar, tamén porían en marcha os nosos polígonos industriais en Narón”, indicando que “que os nosos estaleiros volvesen a traballar a pleno rendemento beneficiaria a todo o tecido económico e social de Ferrolterra”.
Dende Esquerda Unida de Narón, debido á vital repercusión do Sector Naval na nosa localidade, no conxunto da comarca de Ferrolterra, e tamén nas comarcas próximas non podemos deixar de manifestarnos nin pasar por alto que previo ao Plan Estratéxico de Navantia debéranse executar un saneamento e depuración de responsabilidades da situación actual de Navantia en canto á desorganización en tódalas as accións que acadaron o Convenio Colectivo anulado xudicialmente que partiu có cambio de Presidente de Navantia, e debera seguir pola Directora de Recursos Humanos e do Presidente de Persoal da Bahía de Cádiz, indignos dos postos que ocupan, precarizan a imaxe da empresa pública e bloquean o diálogo social.
Ese Plan Estratéxico debera basearse en diversos puntos:
– O obxectivo primordial do Goberno é a consecución de contratos, cunha liña de traballo comercial neste xeito nos ministerios o que lles compete.
Pero entendemos que é necesario garantir a actividade en tódolos centros de traballo do grupo.
É preciso que Fene volva a ser un estaleiro que faga buques evitando que a eólica sexa a súa actividade principal como sucede nestes momentos.
Para acadar este obxectivo é preciso un plan estratéxico dividido en varios puntos:
– Un cambio do modelo produtivo actual por Programas e volver a potenciar a estrutura do Estaleiro sendo o Director e o Xefe de Produción os máximos responsables das construcións dos buques nas factorías.
– A diversificación da fábrica de Turbinas evitando a súa dependencia en exclusividade das novas construcións, apostar por I+D+I e potenciando a súa actividade comercial para asegura-lo seu futuro.
– A reorganización do Departamento de Carenas en canto a minimizar as prolongacións de xornada tanto dos traballadores da plantilla principal como da Industria Auxiliar. Cumprimento dos Convenios e acordos vixentes na actualidade. As últimas rebaixas nas tarefas para a licitación das obras neste Departamento provocou unha merma nos salarios das traballadoras e traballadores, hai que repartir os beneficios de maneira xusta, non todo pode caer no lombo dos traballadores e traballadoras.
– Un cambio na estratexia do Departamento de Compras centralizando estas nos centros onde está o proxecto, e para unha mellor efectividade nos tempos de construción e tamén maior participación da loxística mais cercana onde se fai a obra.
– Unha inversión en I+D+I, formación, reforzar o tecido industrial comarcal ás novas necesidades tecnolóxicas e ampliar as posibilidades industriais.
Unha interlocución cós centros educativos da comarca (formación profesional, universidade,etc.) coa participación nos procesos educativos con prácticas dentro da factoría.
– Dar prioridade as políticas preventivas, potenciando as medidas, reforzando o valor do Regulamento de Seguridade e Saúde Laboral, as aportacións de traballadores e delegados de Prevención poñendo en valor o elevado nivel dos riscos no Sector Naval, velando pola seguridade de tódolos traballadores concorrentes en cada centro e fomentando a contabilidade real dos traballadores do naval (feito que coa subcontratación no é posible, xa que, estas empresas ao depender das Mutuas aseguradoras seguen as directrices destas, non informando na totalidade da súa accidentalidade a Navantia, sen que se corrixan tales riscos).
– A necesidade dun Plan de futuro inmediato que teña unha viabilidade a longo prazo, pautando o xeito cun sistema de rexuvenecemento continuo, para manter unha plantilla definida coa suficiente capacidade produtiva en cada centro e a transferencia do coñecemento.
– Recuperar as actividades estruturais externalizadas nestes últimos anos e de gran valor engadido, que só supoñen a entrada de empresas privadas para postos primordiais que en realidade son a base da especialidade de cada centro.
Minimizar ó máximo posíbel a subcontratación, que esta sexa complementaria da actividade da plantilla principal e non sustitutoria, e regulación da Industria Auxiliar con estrito cumprimento dos convenios e acordos que estean en vigor.
– Un novo modelo de contratación, que parta da contratación directa de Navantia en puntas de traballo, suprimindo así os marxes de beneficio das empresas privadas e garantindo unhas condicións laborais dignas para tódolos traballadores. Para exemplo sangrante a contratación de Navantia, en algún centro, de persoal por medio de ETT’s dunha parte importante de persoal para cargos relevantes coma Xefes de Buque, Coordinadores de Enxeñería, Responsable de Seguridade, Mercador de Sistemas, Dirección de Obra,… Facturando por exemplo Adecco TT S.A. case 5 millóns de euros entre Xaneiro de 2016 e Marzo 2017.