Redacción •  Galicia •  19/01/2023

O PP agocha a Rueda para que non explique a grave situación da sanidade pública

Olalla Rodil xustificou a petición de comparecencia ante a grave situación sanitaria pola falta de persoal facultativo na Atención Primaria e  o “colapso” na sanidade

O PP agocha a Rueda para que non explique a grave situación da sanidade pública

A videportavoz parlamentaria do BNG, Olalla Rodil lamentou que , unha vez máis,” o Partido popular impida que o Presidente da Xunta compareza na Cámara galega para dar conta da grave situación sanitaria como solicitou o BNG na Xunta de Portavoces. Por outra banda, anunciou que a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón preguntará ao Presidente polas medidas do goberno galego contra a inflación en Galiza que  supera a media do Estado.

Solicitamos a inclusión da comparecencia do presidente da Xunta no vindeiro pleno,  para abordar a situación na que se atopa a sanidade pública galega e especialmente a Atención Primaria así como  as medidas a  adoptar polo  Goberno para garantir a debida atención sanitaria e o dereito á saúde de todas as galegas e galegos. O PP, unha vez máis, “rexeitou esta proposta” e impediu que Rueda “dea a cara”.

O BNG pide reforzar a sanidade pública para blindar a saúde da cidadanía

Rodil asegurou que ante o  “colapso da Atención Primaria” “con milleiros de galegas e galegos en lista de agarda para ver o seu médico de cabeceira; baixas que non se cobren deixando centros de saúde e PACs sen persoal médico e  milleiros de persoas sen facultativo, son motivos suficientes  para   a comparecencia de Alfonso Rueda pero “o PP non quere que o Presidente dea a cara” e no seu lugar comparecerá o conselleiro de sanidade.

Ante esta decisión do Partido popular, desde o BNG aproveitaremos a comparecencia de García Comesaña para sinalar os problemas e achegar solucións na dirección de  “blindar  a saúde das galegas e galegos con medidas que  reforcen a sanidade pública”.

Ademais, engadiu a deputada do BNG, tamén  preguntaremos ao Goberno pola situación sanitaria do concello de Moaña no que veciñanza e  goberno local “levan un ano reclamando a restitución das urxencias”, tras suprimir este servizo na Casa do Mar de Moaña e derivar á poboación ao concello de Cangas. Utilizaron, dixo, a COVID “supostamente de maneira provisional” pero a veciñanza de Moaña segue sen servizo de  urxencias  e cunha  grande lista de espera  para poder acudir  ao médico.

Medidas contra a crise e  incremento de prezos

A Crise de prezos e as consecuencias sociais e económicas provocadas polo  incremento do custe da vida será outro dos ámbitos nos que o BNG centrará as súas intervencións na vindeira sesión plenaria coa  pregunta desta forza política, Ana Pontón  sobre as medidas que vai adoptar o goberno contra a inflación.

Olalla Rodil avanzou que o BNG defenderá unha proposición non de lei contra a “feminización da probreza” e  a “introdución da perspectiva de xénero en todas as políticas”. Asemade,  volveu a reclamar a restitución “inmediata da Tarxeta Básica” como medida de urxencia para garantir que as persoas sen recursos  conten con ingresos para mercar alimentos e produtos de primeira necesidade.

O BNG tamén vai propoñer a  creación “dun abono familiar galego “ que combata a pobreza infantil especialmente nas “familias monoparentais” nas que as taxas de pobreza son moi superiores á media e que poñen en risco de exclusión ao 54% destes fogares   encabezados, na súa inmensísima maioría, por mulleres.

Colapso na páxina da Xunta nas solicitudes para persoas autónomas

Tras o anuncio da liña de axudas da Xunta para autónomos e autónomas, o domingo “de madrugada” como se fose a compra de entradas para un concerto, a avalancha de solicitudes produciu o colapso da páxina web. Rodil cualificou de “despropósito” o acontecido e unha constatación  da difícil situación do sector ante a suba dos prezos. A Xunta, criticou, a nacionlista. propuxo unha sorte “de Xogos da Fame” para repartir as axudas.

Finalmente, o BNG interpelará ao titular de Medio Rural  sobre a exclusión de centos de explotacións das axudas ao ecolóxico e proporá medidas para axudar aos concellos do sur de Galiza afectados polas riadas das últimas semanas, tendo en conta que a Xunta está de brazos cruzados e non impulsou nin unha soa medida para axudar a estes municipios e á veciñanza afectada.


sanidad pública /