Redacción •  Galicia •  05/04/2023

«A IA non pode servir para destruir postos de traballo»: Gómez-Reino esixe medidas para regular o sector

Antón Gómez-Reino, deputado de Unidas Podemos-En Comú Podem-Galicia en Común pide que se regularice o sector das novas tecnoloxías da información e a intelixencia artificial para evitar que esta sexa usada como pretexto para despedir traballadores.

«A IA non pode servir para destruir postos de traballo»: Gómez-Reino esixe medidas para regular o sector

Recoñecendo o enorme potencial que ten a intelixencia artificial en campos como o da saúde ou as matemáticas, Gómez-Reino enfatiza que esta «non pode servir para destruir postos de traballo e vida».

A través dunha iniciativa parlamentaria, o deputado demanda que se tomen medidas para frear ás compañías que xa están usando ChatGPT para eliminar postos de traballo.

É o caso da empresa Domestika, que acaba de anunciar os seus plans para despedir a 89 trabajadores, case a metade do cadro de persoal da súa filial madrileña, e substituilos por aplicacións de intelixencia artificial, como ChatGPT.

«Domestika ten que parar os despidos», esixe o deputado de Galicia en Común.

«Se a intelixencia artificial se utiliza para destruir postos de traballo, deixa de ser intelixente e artificial», agrega.


Galicia en Común /