Redacción •  Galicia •  08/04/2023

As afiliadas á Seguridade Social con contrato fixo descontinuo multiplicáronse por catro en Galiza dende o ano 2009

  • Tan só o sector servizos aumentou o número de persoas traballadoras, o que se traduce nun incremento da precariedade e da parcialidade.
As afiliadas á Seguridade Social con contrato fixo descontinuo multiplicáronse por catro en Galiza dende o ano 2009

As persoas afiliadas á Seguridade Social con contrato fixo descontinuo multiplicáronse por catro en Galiza dende 2009, pasando de 6000 a 33.000, segundo se desprende dos datos do mes de marzo publicados hoxe polo SEPE. As estatísticas amosan tamén que o sector servizos foi o único que rexistrou un aumento das persoas traballadoras, mentres que outros como a industria ou a construción experimentaron unha forte caída de afiliación. Isto tradúcese nun cada vez maior incremento da precariedade e da parcialidade do emprego, cunha perda importante de ingresos por parte da clase traballadora do noso país.

Os datos do paro que se veñen de coñecer sitúan a afiliación media mensual galega nas 1.043.529 persoas, das que máis da metada rexistráronse na provincia da Coruña.

Afiliación á SS2023VariaciónfebreiroAbsoluta%A Coruña448.062452.2154.1530,9Lugo121.752122.6679150,8Ourense103.511103.7442330,2Pontevedra362.497364.9032.4060,7Total1.035.8221.043.5297.7070,7

Fonte: Seguridade Social.

Mentres que o número de persoas rexistradas como desempregadas acadou as 141.847, un 1,6% menos que no mes anterior. No conxunto do Estado español a redución media foi do 1,7%.

Persoas paradasVariaciónFebreiroAbsoluta%A Coruña57.96156.931- 1.030- 1,8Lugo13.61513.266- 349- 2,6Ourense16.52116.553320,2Pontevedra55.99555.097- 898- 1,6Total144.092141.847- 2.245- 1,6

Fonte: SEPE.

Unha vez máis o sector servizos é o único con capacidade de xerar emprego en Galiza, xa que das 2245 persoas que atoparon un posto de traballo no mes de marzo, un total de 1947 fixérono neste sector. O modelo económico da Xunta, baseado no turismo, fai que as provincias do litoral, A Coruña, Lugo e Pontevedra resistan mellor nas estatísticas, mentres que en Ourense aumentou o desemprego.

2023VariaciónSectoresfebreiroAbsoluta%Sector primario4.7394.648- 91- 1,9Industria14.78014.463- 317- 2,1Construción10.0649.813- 251- 2,5Servizos102.581100.634- 1.947- 1,9Sen emprego anterior11.92812.2893613,0Total144.092141.847- 2.245- 1,6

Fonte: SEPE.

Isto trae consigo máis precariedade e parcialización do traballo, tal e como reflicten os números de afiliación á Seguridade Social: en 2009 no noso país había unicamente 6000 persoas con contrato fixo descontinuo, e a día de hoxe rexístranse 33.000, catro veces máis. Ao mesmo tempo, das 56.000 persoas traballadoras a tempo parcial de 2009 pasouse a 113.000.

Afiliación á Seguridade Social por tipo de contrato:2009/012023/022023/03Marzo/ febreiroTotal753.179781.540788.3396.799INDIFINIDO-T. completo393.193450.415454.0173.603INDIFINIDO-T. parcial54.267110.749112.0501.300INDIFINIDO-Fijos Descontinuos6.64332.30733.3071.000TEMPORAL-T. completo171.06284.81285.097285TEMPORAL-T. parcial58.86627.30527.094-211APREND., FORMACIÓN E PRÁCT.12.9717.1386.904-234OUTROS(*)56.17668.81469.8701.056IND-T. Completo/total52,257,657,6IND-T. Parcial/total7,214,214,2IND-Fixos Descontinuos/Total0,94,14,2

Fonte: Seguridade Social.

“Vemos como se estende un novo elemento de precariedade, que é a parcialidade do traballo. Cada vez menos persoas traballan a xornada completa, o que se traduce directamente nunha redución de ingresos”, denuncia o secretario confederal de Negociación Colectiva, Emprego e Industria da CIG, Paco Sío.

O responsábel sindical sinala que esta leve diminución do paro rexistrado responde a un cambio de modelo produtivo, onde a industria e a construción perden cada vez máis peso na economía en detrimento do sector servizos, provocando un aumento da precariedade e da parcialidade no emprego e unha baixada dos ingresos.

De feito, a industria perdeu 16.000 persoas afiliadas dende 2009 (pasaron de 152.000 a 134.000), mentres que na construción pasaron de 125.000 a 80.000 (perdeu 45.000). Pola contra, na hostalaría pasouse das 63.000 que había en ás 75.000 actuais (12.000 máis).“Asistimos a un transvase de persoas traballadoras dende os sectores que mellores salarios e condicións laborais teñen a actividades do sector servizos con peores soldos e condicións máis precarias”, remata.

Total Rexímenes (RG+RETA)12. Galicia2009/12023/022023/03Marzo7/febreiroTodas as seccións985.291986.600993.8307.230Sector primario51.24432.41232.586174Industria extractiva3.5751.9991.989-9Industria manufactureira152.966134.279134.815536Enerxía e Auga2.9571.6451.6527Subministro auga5.4476.9586.9580Construción125.07979.51480.173659Comercio184.987174.791175.130340Transporte48.06450.91251.00189Hostalaría63.61173.38975.3731.984Información e comunicación17.96824.61724.812195Actividades financeiras22.08516.55616.56914Act. inmobiliarias3.3004.3454.36116Act. profesionais39.82154.09454.946852Act. administrativas55.10264.24864.464216Administración pública62.65957.21857.793575Educación30.59259.85960.429569Sanidade e serv. sociais72.292102.371103.063693Act. artísticas10.58716.70616.864159Outros servizos32.37230.20030.360160Act. dos fogares como empregadores5694454472Organismos extraterritoriais1344461

Fonte: Seguridade Social.


empleo /