Redacción •  Galicia •  08/05/2023

AVIBE e Bembrive en Pé, contra a construción de macroinfrastructuras Vial PO0-10 e a Autovía A-52

AVIBE e Bembrive en , asociacións en loita pola defensa do rural vigués e contra a construción de macroinfrastructuras como son o Vial PO0-10 e a Autovía A-52, convocan hoxe ás 20h diante do C.C. Helios unha concentración dos veciños e veciñas ante a visita do rexedor vigués, Abel Caballero, – para un “encontro cos veciños”- como anuncia o seu propio cartel.

AVIBE e Bembrive en Pé, contra a construción de macroinfrastructuras Vial PO0-10 e a Autovía A-52

Queremos mostrarlle a Abel Caballero o descontento da veciñanza ante a súa maneira de actuar connosco, sen contar cos veciños e veciñas, sen importarlle o máis mínimo o destino das parroquias periféricas viguesas, pulmóns verdes dunha cidade cada vez menos verde, e do uso que fai destas. Porque nós tamén queremos ser vigueses de primeira.

Denunciamos a súa falta de transparencia, de diálogo, de educación e de ética. Carecemos de información dos proxectos, da súa viabilidade, da súa necesidade e sobre todo, asombra a súa aposta a contracorrente da sostibilidade e de como deben ser as cidades do futuro.

Por isto, imos facernos oír esta tarde e protestaremos unha vez máis polo mal trato que sufrimos e a falta de escoita do noso alcalde.


Abel Caballero /